• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Regalar custa pouco 2008

O I Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco 2008 tivo como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal.

O I Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco 2008 tivo como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal. As mellores propostas de agasallos presentadas polos/as comerciantes foron recollidas nun catálogo, xunto á  identificación, enderezo, horario de apertura e localización do comercio. Elaborado cun deseño atractivo, destinado ás compras de Nadal e con prezos asequibles e pechados, editouse en versión bilingüe: galego e castelán. En total imprimíronse 5.000 exemplares, que se distribuíron de balde entre a cidadanía e as persoas que visitaron Santiago de Compostela en Nadal.

O programa desenvolveuse da seguinte maneira. Os produtos presentados polos comercios clasifícáronse en seis categorías, dependendo do prezo de venda ao público: ata 5 euros, ata 10 euros, ata 20 euros, ata 30 euros, ata 50 euros e ata 100 euros. Cada comercio podía presentar unha candidatura por cada rango de prezos.

Un comité de selección valorou as propostas presentadas conforme á especialización dos produtos, á relación calidade-prezo e á novidade e orixinalidade no concepto de envases e embalaxes. Seleccionáronse 43 produtos, que se incluíron no catálogo. Ademais, premiáronse dúas propostas, e sorteáronse sete paquetes de 15 cuñas de radio en emisoras locais, cinco cheques de consultaría de servizos técnicos especialistas en interiorismo e decoración, e outros cinco de servizos de deseño gráfico/imaxe corporativa.

Produtos premiados en Regalar custa pouco 2008:
  • Surtido de bolas de chocolate Oceans, presentado pola tenda de chocolates Xocoátel.
  • Xogo de tres botóns de madeira de buxo, presentado pola xoiaría Noroeste, Xoias de autor.
Dirixido

Todos os comercios de Compostela

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017