• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

As empresas españolas destinarán 47.500 millóns á dixitalización dos seus procesos

As empresas destinarán os seus recursos principalmente á posta en marcha de plataformas de transformación dixital e a novos avances relacionados co Internet das Cousas. Ademais, comezarán a utilizar novas métricas para valorar os progresos no ámbito da dixitalización e centrarán os seus esforzos en mellorar a experiencia do cliente.

Non hai transformación dixital sen crear unha cultura dixital

Estes elementos de definición varían en grao de industria a industria e de compañía a compañía. O grao de asunción de riscos apropiado para unha empresa de tecnoloxía non será o mesmo que o adecuado para unha empresa de produtos industriais, por exemplo. E mesmo dentro dunha organización, os niveis desexados de toma de riscos variarán; o equipo de estratexia, por exemplo, debería asumir o risco nun grao moito maior que o equipo de finanzas.

As empresas non están a facelo ben na súa transformación dixital

Só un 36% das organizacións enquisadas permiten a todas as persoas da compañía, tomar parte nas conversacións sobre iniciativas dixitais e non aproveitan as posibilidades das persoas xa que só o 35% das organizacións favorecen activamente a exploración e experimentación de novas ideas a todos os niveis. E só un 44% considera a recualificación e actualización continua das habilidades dixitais das súas persoas como unha alta prioridade.

CLAVES DA COMPETITIVIDADE NA RESTAURACIÓN

Os restaurantes deben ofrecer felicidade aos seus clientes, pero tamén ás persoas empregadas e propietarias, que deben formar un equipo humano feliz e motivado. Só un equipo feliz, que poida conciliar a súa vida laboral coa vida persoal, ten capacidade para facer feliz aos seus clientes e clientas. Alcanzar este obxectivo é a razón de ser de “Restaurantes Felices”.