• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

As empresas non están a facelo ben na súa transformación dixital

Data de escritura

Unha investigación de CapGemini de 2018 revela que a dimensión das persoas é unha barreira importante para o progreso da transformación dixital. As personas que lideran as organizacións non conseguen que os empregados e as empregadas colaboren, nin involucrándoos activamente para lograr os seus obxectivos de transformación dixital, nin para investir no seu desenvolvemento persoal.

Só un 36% das organizacións enquisadas permiten a todas as persoas da compañía, tomar parte nas conversacións sobre iniciativas dixitais e non aproveitan as posibilidades das persoas xa que só o 35% das organizacións favorecen activamente a exploración e experimentación de novas ideas a todos os niveis. E só un 44% considera a recualificación e actualización continua das habilidades dixitais das súas persoas como unha alta prioridade. Por outra banda, a enquisa de CapGemini refírese case en exclusiva a grandes organizacións xa que o 71% das empresas enquisadas han tido uns ingresos superiores a 1.000 millóns de dólares no ano 2017.