Volven os obradoiros formativos ao Espazo Maker Compostela
O Espazo Maker Compostela retoma a actividade o sábado 5 de outubro cun obradoiro de iniciación á electrónica Arduino, no que os participantes construirán un medidor de luz ambiental. No venres 11 está prevista unha actividade de iniciación ao deseño e impresión 3D; o sábado 19 de outubro haberá un obradoiro de iniciación á programación en C++ e Arduino; e o sábado 26, unha actividade relacionada coa realidade virtual. As inscricións xa están abertas a través da web espazomaker.werobots.org.
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade defende un urbanismo máis sustentable e unha mellora da calidade de vida das persoas que habitan os centros históricos
Unha delegación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, encabezado pola presidenta do Grupo e alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, está a asistir ao XVII Congreso Mundial da Organización das Cidades do Patrimonio Mundial, que se celebra en Córdoba até o 27 de setembro, baixo o título 'Simposio sobre a Habitabilidade dos Centros Históricos. Cara a un novo proxecto urbano (2022-2026)'.
Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
A Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma ONLINE, a xornada GRATUÍTA:
Luns, 30 de setembro, en horario de 16:00 a 19:00 horas
"Acredítate coma startup ou empresa de base tecnolóxica"
"Saber Facer Barrio 2024"
"Saber Facer Barrio 2024" comezará a súa andaina o próximo martes en Conxo, e ao longo dos meses de outubro e novembro pasará polos centros socioculturais de Vite, O Romaño, Fontiñas, A Trisca, Santa Marta, Ensache, Figueiras e Maruxa e Coralia da zona histórica.
VI Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Feminista e Economía do Coidado
VI Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Feminista e Economía do Coidado
O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, colaboran para impulsar unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela.
Nesta VI edición amosaremos un modelo de desenvolvemento que pon a economía ao servizo do ser humano e non ao revés.
24 / 25 / 26 SETEMBRO (16:30 – 17:30 h)
Formación ONLINE e GRATUÍTA, sobre Economía Feminista e Economía do Coidado.
O Concello de Santiago e EspazoCoop organizan a xornada "Mulleres, líderes na economía social"
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a xornada nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop. A tenenta de alcaldesa explicou que "a Axenda 2030 dinos que o impulso á economía social debe ser unha das liñas do desenvolvemento económico de Santiago, pero ademais este é un modelo polo que debemos apostar se aspiramos tamén a un maior progreso social, en clave feminista".
A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" pon en valor o produto fresco e de proximidade
Ao longo de todo o mes, "Cousas do Campo" organizou degustacións de produtos como marmeladas, zumes ou galletas elaboradas con produtos de proximidade, que se poden atopar en "Daquí Darredor". Este é un mercado labrego semanal que se celebra en Brión, e desde o que se impulsan diferentes actividades paralelas que teñen como obxectivo que os consumidores e consumidoras coñezan de primeira man como se producen os alimentos.
Compostela acolle a Creafogar, o primeiro evento efémero de interiorismo con marcas galegas
A cidade de Santiago será o escenario de Creafogar, un evento innovador no que participan máis de 150 marcas galegas. A presentación oficial tivo lugar nunha rolda de prensa organizada polas interioristas Almudena Rodríguez, DenaDinteriores, e Beatriz Barril, Spacio-B.