• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Centro Xove de Creación Cultural achega á mocidade os proxectos da Axenda Urbana 2030 de Santiago cunha ampla programación de actividades

O Centro Xove de Creación Cultural vén de poñer en marcha unha ampla programación de actividades coas que pretenden achegar á mocidade de entre 14 e 35 anos do municipio os proxectos da Axenda Urbana 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que persegue. As propostas desenvolveranse entre os meses de abril e novembro.

O Concello de Santiago participa no IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía en Valencia

Durante a segunda xornada do COEP Congress, falouse de como a dixitalización nos pode axudar a alcanzar sociedades máis abertas e conectadas nunha mesa redonda formada por Helen Darbishire, directora executiva de Access Info Europe; quen comentou que "desde a sociedade civil esíxese un dereito fundamental como é o dereito á información e, a pesar de ter xurisprudencia, non temos unha Lei Orgánica en España".

O Goberno municipal dá luz verde á contratación do proxecto dun novo portal web, da APP e da intranet municipais

Preténdese segundo sinalou a concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal e Modernización da Administración Local, Marta Abal, contar con tres aplicativos distintos pero baseados no mesmo sistema de información que posibiliten achegar a administración electrónica e os servizos de Concello de Santiago á cidadanía, facilitándolles toda a información e recursos que precisen para a súa relación co propio Concello e para o desenvolvemento da súa vida diaria.

O alcalde salienta a importancia do PMUS na definición da mobilidade do Santiago do futuro

A elaboración do PMUS "é un proceso moi complexo, pero que debe supor unha transformación e unha mellora moi substancial na calidade de vida da cidadanía", salientou o rexedor compostelán que engadiu que "será unha peza fundamental do modelo de cidade da próxima década".

A Raíña Letizia preside o acto oficial polo Día Mundial das Enfermedades Raras que se celebra por primeira vez en Santiago

O evento conforma o broche de ouro da campaña ‘Haz que el tiempo vaya a nuestro favor’ da Federación Española de Enfermedades Raras (FEDER) e contou coa presenza de Dona Letizia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, así como representantes institucionais a nivel estatal como Carolina Darias, ministra de Sanidade, e a nivel autonómico como Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia.

O Concello impulsa o proceso de escoita cidadá na elaboración do PMUS coa celebración do I Foro de Mobilidade

O Concello de Santiago abre o proceso de consulta pública para a revisión do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) cun primeiro encontro participativo. Co horizonte de contar con ese documento de análise que recolla as necesidades de mobilidade de toda a cidadanía a finais deste mesmo ano, o alcalde destacou a importancia de contar con esta información para definir o "futuro da mobilidade da nosa cidade".

Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores abordando o modelo de cidade

Neste encontro emprendedor debatiranse os retos que aborda Compostela cara ao futuro, poñendo o foco na participación cidadá na definición do modelo de cidade. Nesta ocasión, participarán no encontro Mercedes Vázquez Bartomeu, historiadora e veciña do barrio de San Pedro, e Luciano González Alfaya, arquitecto e planificador de estratexias territoriais para a transformación urbana sostible. As persoas asistentes ao encontro poderán compartir reflexións e ideas que enmarquen os elementos tractores do modelo de cidade.

O Concello de Santiago presenta a maquinaria "máis eficiente, sostible e cero emisións" do servizo de limpeza e recollida de lixo da cidade

O Concello de Santiago presentou esta mañá na praza do Obradoiro unha parte da nova flota e a maquinaria do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos da cidade.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e Ángel Fajilde, técnico de Urbaser, presentaron o novo equipo do servizo, á espera da chegada nas próximas semanas de nove vehículos de recollida de carga lateral e tres vehículos de carga traseira.

A Xunta de Goberno Local dá luz verde á licitación do programa "Colabora e innova no teu barrio"

"Colabora e innova no teu barrio" contempla o desenvolvemento de dous espazos e procesos interxeneracionais de achegamento da cultura maker (cultura de facer, buscar, deseñar, pensar e crear solucións doadas ou non profesionais para levar a cabo proxectos tecnoloxicamente complexos) aos titulares e persoal das industrias e negocios tradicionais dos barrios de Santiago de Compostela; a transmisión interxeneracional de coñecementos TIC (Tecnoloxías da Información e das Comunicacións) da poboación mais nova á poboación maior, de xeito que se que favoreza a redución da fenda tecnolóxica; así co

SEGUNDO ENCONTRO DE EMPRENDEDORES

O mes de marzo terá lugar o segundo encontro emprendedor, que centrará o debate sobre o modelo de cidade do futuro. No proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030 identificáronse cuestións que definen cal é actualmente o modelo de cidade, en referencia á distribución da poboación no territorio, os equipamentos e servizos disponibles, e os espazos de oportunidade para a transformación urbana na cidade.