Comeza o curso na Academia Maker e na Rede TIC 2
Durante os meses de setembro e outubro estos proxectos formarán de balde a cidadanía compostelá interesada en innovación, fabricación dixital e dixitalización.
Despois da gran acollida que tivo a presentación de ambos proxectos durante o mes de xullo, en setembro botan a andar en oito centros socioculturais da cidade a Academia Maker e a Rede TIC 2. Pero antes de comezar, voltará o laboratorio de fabricación dixital móbil ás rúas de Compostela para explicar de primeira man os dous proxectos e pechar as inscricións. Será a semana que vén, do 4 ao 8 de setembro.
Deste xeito, o luns 4 de setembro o dito laboratorio estará xunto ao CSC do Romaño; o martes 5, no CSC de Conxo; o mércores 6, no CSC Maruxa e Coralia; o xoves 7, no CSC de Sta Marta; e pechará a súa ruta o venres 8 pola mañá no Campus Sur e pola tarde no CSC de Vite.
O pistoletazo de saída á Academia Maker terá lugar o próximo sábado 9 de setembro co primeiro Seminario Maker, neste caso sobre fabricación dixital, deseño e impresión 3D, que se celebrará de 12 a 14 h no CSC do Romaño. A entrada e totalmente gratuita e o número de prazas, ata completar aforo. A partir de aquí e ata finais de outubro, cada semana haberá un seminario aberto sobre diferentes tecnoloxías e nun centro sociocultural diferente.
Poden consultarse todos no formulario de inscrición da web do proxecto: compostelamaker.gal.
A semana seguinte, do 11 ao 15 de setembro, comezarán as formacións da Rede TIC 2, cunha primeira sobre creación áxil de páxinas web no CSC Maruxa e Coralia. Estas formacións levaranse a cabo todas as semanas ata fináis de outubro, de luns a venres e de 19 a 21 horas, enfocándose cada semana nunha temática e celebrándose cada unha nun centro sociocultural diferente. Coma no caso dos seminarios da Academia Maker, toda a información así coma as inscricións poderán realizarse a través da web do proxecto.
Xa a finais de mes, concretamente o 30 de setembro de 10 a 14h, comezará outra pata importante do proxecto, a formación intensiva da Academia Maker, que consistirá en 30 horas repartidas entre 5 sábados consecutivos e que se enfocará sobre todo a perfís emprendedores e persoas en busca de emprego.
Esta formación intensiva está limitada a 20 participantes, os/as cales se seleccionarán entre todas as inscricións recibidas. Traballase a través de metodoloxías de innovación e tecnoloxías de fabricación dixital no desenvolvemento de proxectos reais que achegue o alumnado.
Toda este aprendizaxe levarase aos centros educativos da cidade a través de unidades didácticas e complementarase con visitas aos centros de investigación da cidade, ao patrimonio industrial e coa identificación de boas prácticas no ámbito empresarial tanto no uso das TIC coma na potenciación do talento STEM.
Este proxecto encádrase dentro do programa "Colabora e Innova no teu Barrio" no marco da operación "Faino Tí", dentro da EDUSI Revive Santiago, financiada nun 80% polo Programa Operativo de Crecemento Sostible FEDER 2014-2021.