Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
Retomamos a formación para emprendedores e empresas
Talleres en setembro:
- 15 setembro: CRM a ferramenta clave para impulsar as túas vendas
- 19 set.: Conceptos básicos de ciberseguridade para empresas
- 21 set.: O plan de empresa na startup
- 27 set.: Procura de financiamento e estados financeiros
- 28 set.: Aprende a crear as túas campañas en Google Ads
Enviamos a información e enlace de inscripción da primeira formación:
CRM: a ferramenta clave para impulsar as túas vendas
"Customer Relationship Management" eficaz
para personalizar e optimizar a comunicación cos teus clientes
O vindeiro venres, 15 de setembro , en horario de 12:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, en FORMATO ONLINE a xornada GRATUÍTA:
"CRM: a ferramenta clave para impulsar as túas vendas"
O obxectivo desta xornada é proporcionar aos participantes os coñecementos e habilidades necesarias para implementar e utilizar de forma eficaz un sistema CRM, co fin de optimizar as relacións comerciais e mellorar a satisfacción dos clientes.
Exploraranse os conceptos clave do Customer Relationship Management e como implementalo con éxito en calquera organización. Trataranse temas como os beneficios e vantaxes do uso dun sistema CRM, a selección da plataforma adecuada, as mellores prácticas de implantación e a optimización continua.
Queres coñecer todas as actividades que se realizan no Coworking Dixital?
Incubadora de emprendemento; Formacións; Asesoria a empresas en dixitalización, marketing, organización, RRHH, etc.
Consulta aquí os vindeiros eventos: