Galicia Distrito Industrial: startups e industria cara a un novo país
Nesta xuntanza, organizada pola asociación Startup Galicia, nos achegaremos a un tecido de empresas galegas innovadoras, internacionalizadas e con alto valor engadido e conversaremos sobre como as startups poden impulsar a innovación e transformar o país, aproveitando o coñecemento e os recursos dun territorio con forte tradición produtiva e industrial.
As entradas para a actividade están xa dispoñibles a un prezo de 5€ e incluirán a posibilidade de
desfrutar dun viño a continuación do debate no que continuar as conversas entre os participantes.