• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE PROGRAMACION MUSICAL NA REDE GALEGA DE MUSICA EN VIVO

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CT302D).

Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais, contribuíndo ao desenvolvemento ordinario da programación das salas (código de procedemento C302D).

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación administrativa:

1. Documentación xeral.

Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas:

– Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade se a persoa solicitante é persoa xurídica.

– Estatutos rexistrados e escrituras de constitución validamente inscritos no Rexistro Mercantil ou no que corresponda.

– Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

2. Documentación específica:

2.1. Memoria do proxecto de programación (anexo III).

2.2. Memoria económico-financeira (anexo IV).

2.3. Licenza municipal para a realización de espectáculos ao vivo ou, de ser o caso, a autorización municipal para a realización do proxecto susceptible de ser subvencionado, que deberá expresar claramente o alcance da dita autorización.

2.4. Copia da póliza de responsabilidade civil, actualizada e en vigor.

2.5. Copia da escritura de propiedade ou outro documento válido en dereito que amose a dispoñibilidade da sala por parte da persoa solicitante.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán acceder a esta convocatoria as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, propietarios, ou posuidores de calquera título válido en dereito, de espazos de exhibición musical privados, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente, coa correspondente licenza ou permiso municipal, para organizar espectáculos musicais en directo con público.

Tamén poderán ser persoas beneficiarias, sempre que cumpran cos requisitos anteriormente sinalados, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo o obxecto da subvención, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estar incursas en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo II desta convocatoria.

Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as asociacións, fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro.