Galicia Distrito Industrial: startups e industria cara a un novo país
De Europa chegan ventos de reindustrialización e Galicia non pode quedar atrás. O mércores 19 de marzo, ás 18:00 horas, no CIM Centro de Investigación Mestrelab (Avenida de Barcelona 7, Santiago de Compostela), terá lugar un debate ao redor do libro Galicia, Distrito Industrial no que participarán o director do CIM Pablo Álvarez, a presidenta de Startup Galicia Carmen Pumariño, a CEO de Galchimia Carme Pampín e os autores do libro Antón Baamonde e Daniel Hermosilla.
Nesta xuntanza, organizada pola asociación Startup Galicia, nos achegaremos a un tecido de empresas galegas innovadoras, internacionalizadas e con alto valor engadido e conversaremos sobre como as startups poden impulsar a innovación e transformar o país, aproveitando o coñecemento e os recursos dun territorio con forte tradición produtiva e industrial.
As entradas para a actividade están xa dispoñibles a un prezo de 5€ e incluirán a posibilidade de
desfrutar dun viño a continuación do debate no que continuar as conversas entre os participantes.
Adquisición de entradas: https://www.eventbrite.es/e/1262362663709?aff=oddtdtcreator
Conctacto para ampliar información e concertar entrevistas cos autores: Mónica Mejías.
monica.mejias@veydile.com. 606 955 797.
Data e lugar
📅 19 de marzo
📍CIM Centro de Investigación Mestrelab – Avda. de Barcelona 7. Santiago de Compostela
⏰ Horario 18:00 a 19:30
Entradas limitadas