• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS ÁS GALERIAS DE ARTE

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas ás galerías de arte que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma galega, para facilitar a súa participación en feiras e eventos do sector que teñan lugar entre decembro de 2023 e novembro do ano 2024 fóra da Comunidade (código de procedemento CT215C).

MELLORA DAS ESTRUTURAS DE PRODUCION DAS EXPLOTACIONS AGRARIAS

Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocalas para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

Establecemento de persoas agricultoras mozas

SUBVENCIONS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO DAS PERSOAS EMIGTANTES GALEGAS RETORNADAS

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia (código de procedemento PR937A)

PROGRAMA APROL-ECONOMIA SOCIAL

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en réxime de concorrencia non competitiva, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

Establécense os seguintes programas de axudas:

AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTONOMAS POLA CONTRATACION INDEFINIDA E A FORMACION DE PERSOAS ASALARIADAS

A finalidade do programa é favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras.

Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

PREMIOS Á COOPERACION

Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega. O código do procedemento para a tramitación destes premios é o TR802Q.

Outorgaranse premios nas seguintes categorías:

SUBVENCIONS Á CREACION ESCENICA

OBXECTO

Determinar as condicións de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024. A finalidade das subvencións é o fomento da produción escénica en calquera disciplina artística.