• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS Á CREACION ESCENICA

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT403B).

OBXECTO

Determinar as condicións de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024. A finalidade das subvencións é o fomento da produción escénica en calquera disciplina artística.

Documentación requerida

Ademais da solicitude (anexo II), as persoas interesadas presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

A. Documentación xeral.

Se a persoa solicitante é unha persoa xurídica:

a) Certificado do acordo social de solicitude da axuda.

b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.

c) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Se a persoa solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, deberá facer constar:

a) Nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación (con poder bastante para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden á agrupación; debe facer constar tal circunstancia tanto na solicitude como na aceptación da concesión da axuda).

b) Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se lle aplicará a cada un.

c) O compromiso de non disolución destas ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

B. Documentación específica

-Memoria do proxecto

-Certificación acreditativa da titularidade dos dereitos de autor. Nun primeiro momento (e durante o trámite de presentación da solicitude da subvención), poderase achegar unicamente a acreditación da súa solicitude. Non obstante, a dita titularidade deberase acreditar con anterioridade ao aboamento da subvención.

-Memoria da empresa (anexo III).

-Memoria das actividades realizadas pola compañía (anexo IV). Non se terán en conta os espectáculos ou funcións non recollidas no anexo nin os que non veñan acompañados da documentación acreditativa.

-Ficha de produción (anexo V).

-Historial da directora ou director (anexo VI). Non se terá en consideración o historial non recollido no anexo nin o que non veña acompañado da documentación acreditativa.

-Plan económico financeiro (anexo VII).

-Compromiso de contratación (anexo VIII) coas persoas integrantes do equipo artístico relacionado na ficha de produción, con indicación da categoría profesional, duración do contrato, salario mensual, salario por actuación e axudas de custo diarias, así como da non participación en máis de tres proxectos presentados a esta convocatoria de axudas á creación escénica para 2024.

-Acreditación documental da memoria das actividades realizadas pola compañía relacionadas no anexo IV e acreditación do historial do director ou directora relacionado no anexo VI.

-Para a modalidade 4, ademais da documentación anteriormente descrita que lle é de aplicación, deberá remitir: – O compromiso de realización dun mínimo de 70 funcións, polo menos 15 delas correspondentes a unha das producións do proxecto presentado a esta modalidade. – Para o ámbito da danza e artes do movemento, o compromiso de realización dun mínimo de 50 funcións, polo menos 10 delas correspondentes a unha das producións do proxecto presentado a esta modalidade.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, e as súas asociacións, así como as sociedades civís e comunidades de bens -ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia-, así como as unións temporais de empresas, que teñan social ou estatutariamente como obxecto ou fin social o desenvolvemento de actividades escénicas que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

Deben estar dadas de alta nas epígrafes 965 da sección de actividades empresariais ou as agrupacións incluídas na división 01: áreas de teatro e circo ou división 02: área de danza da sección 3 de actividades artísticas.

Non poderán ser beneficiarias desta convocatoria de subvencións en ningunha das súas modalidades:

a) As asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

b) As persoas beneficiarias da modalidade 4 (subvencións á actividade escénica de carácter plurianual) da convocatoria de subvencións á creación escénica do ano 2023.

c) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo II desta convocatoria