• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXIAS FORESTAIS, PROCESAMENTO, MOBILIZACION, E COMERCIALIZACION DE PRODUTOS FORESTAIS

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento IN500A) e efectuar a súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia competitiva.

Liñas subvencionables:

Liña 1: xestión forestal activa.

Liña 2: madeira e biomasa.

Liña 3: castaña e resina.

SUBVENCIONS REFORZO DA CONECTIVIDADE EN POLIGONOS INDUSTRIAIS E CENTROS LOXISTICOS

Constitúe o obxecto da presente resolución a aprobación das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondente á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (programa Unico-Industria e empresas), previstas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro), modificado polo Real decreto 1136/2023, do 19 de decembro (BOE núm. 9, do 10 de xaneiro de 2024), e polo Real decreto 520/2024, do 4 de xuño (BOE núm.

SUBVENCIONS PARA PROMOVER A PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL DAS PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS MEDIANTE CONTRATOS FORMATIVOS

A convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, que lle faciliten a inserción laboral, dotándoas á vez de competencias para o emprego que as acompañen durante a súa vida laboral, coa finalidade última de proporcionar a estas persoas unha primeira experiencia no emprego, promovendo a súa empregabilidade e a retención do talento mozo na nosa Comunidade Autónoma.

SUBVENCIONS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE PROGRAMACION MUSICAL NA REDE GALEGA DE MUSICA EN VIVO

Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais, contribuíndo ao desenvolvemento ordinario da programación das salas (código de procedemento C302D).

SUBVENCIONS PARA A PARTICIPACION DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS, TRADUTORAS, E EDITORAS NAS ACTIVIDADES QUE SE CELEBREN NO SECTOR DO LIBRO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións a persoas físicas ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras e que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega, facilitando a súa participación en actividades do dito sector que se celebren no ano 2024 (código de procedemento CT221A).

AXUDAS Á IMPLANTACION DE MEDIDAS PARA O AVANCE NO CUMPRIMENTO DE CRITERIOS AMBIENTAIS, SOCIAIS, E DE GOBERNANZA (ASG)

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) nas pemes, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, acadando reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desperdicios, coa tendencia de converter os refu