• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA APROL-ECONOMIA SOCIAL

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa AprolEconomía social) e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento TR802G e TR802J)

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en réxime de concorrencia non competitiva, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

Establécense os seguintes programas de axudas:

a) Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).  Este programa ten por obxecto apoiar o emprendemento en economía social e establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba

b) Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J). Este programa de subvencións está dirixido ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación recollida nos artigos 26 e 32 en función do programa de que se trate.

Programa I:

a) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

b) Se é o caso, alta no Censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Función Pública.

c) Memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa, que deberá conter os datos de identificación e descrición do proxecto, os aspectos técnicos de produción e comercialización, a previsión de postos de traballo netos que se van crear, así como unha descrición detallada dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avaliar a viabilidade do proxecto. Esta memoria deberá axustarse ao modelo dispoñible na páxina web da consellería (https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudassubvencions/emprego), na súa epígrafe de axudas e subvencións.

d) Certificación da relación nominal das persoas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.

e) Comunicación á persoa socia sobre a comprobación de datos, conforme o modelo do anexo IV, relativa a cada unha das persoas polas cales se solicita a subvención, debidamente asinada por estas.

f) Se é o caso, documentos acreditativos da discapacidade ou da situación ou risco de exclusión social das persoas polas cales se solicita a subvención. No caso de discapacidade, só será necesario se foi recoñecida por outra comunidade autónoma.

g) No caso de que as persoas polas cales se solicita a subvención teñan a condición de emigrantes retornadas, documentos xustificativos do seu nacemento en Galicia ou, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite este nacemento e o vínculo con aquela.

h) No caso de que as persoas polas cales se solicita a subvención teñan a condición de emigrantes retornadas, certificado de emigrante retornada expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.

i) No caso de que as persoas polas cales se solicita a subvención teñan a condición de trans, documentación xustificativa de ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

j) Nos supostos recollidos no artigo 24.1, se é o caso, certificación do órgano competente da cooperativa acerca da condición de persoa socia a proba das persoas por quen se solicita subvención, referida á data de incorporación (ou á data de presentación da solicitude, se aínda non tivo lugar a incorporación).

k) Certificación relativa á xornada de traballo asignada ás persoas que se incorporan como socias traballadoras ou de traballo.

l) No caso de sociedades laborais, nota simple ou certificación de ter depositadas as contas correspondentes ao último exercicio, emitida polo Rexistro Mercantil correspondente.

Programa II:

a) No caso de actuar por representación da persoa solicitante, documentación que acredite por calquera medio válido en dereito a dita representación.

b) De ser o caso, documentos acreditativos da discapacidade ou da situación ou risco de exclusión social. No caso de discapacidade, só será necesario se foi recoñecida por outra comunidade autónoma.

c) No caso de que a persoa solicitante teña a condición de emigrante retornada, documento xustificativo do seu nacemento en Galicia ou, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite este nacemento e o vínculo con aquela.

d) No caso de que a persoa solicitante teña a condición de emigrante retornada, certificado de emigrante retornado expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.

e) No caso de que a persoa solicitante teña a condición de trans, documentación xustificativa de ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

f) Se é o caso, certificación do órgano competente da cooperativa acerca da condición de persoa socia a proba, referida á data de incorporación (ou á data de presentación da solicitude, se aínda non tivo lugar a incorporación).

g) No caso de incorporación a unha cooperativa, certificación do acordo da asemblea xeral relativo á aprobación da contía das achegas obrigatorias das novas persoas socias e da cota de ingreso, de ser o caso. h) Certificación da cooperativa ou sociedade laboral de que a persoa solicitante non tivo a condición de persoa socia nos dous anos anteriores. i) Documentación específica da subvención para o acceso á condición de persoa socia traballadora de cooperativas e sociedades laborais (artigo 30.1)

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:

a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I. Poderán acollerse aos incentivos previstos neste programa as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia,

b) As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas no programa II. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa de subvencións as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

Con carácter xeral as persoas e entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nesta.

e) As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día na presentación das contas anuais no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica, no momento da xustificación da axuda, agás as entidades de nova creación.