• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA ERASMUS PARA NOVOS EMPRENDEDORES

Este programa permite que propietarios/xerentes ou persoas que formen parte de Consellos de Administración dunha PEME (con máis de tres anos de experiencia dirixindo a empresa) poidan acoller a un mozo emprendedor doutro país da UE, así como dun grupo de países participantes (Albania, Armenia, Bosnia-Herzegoniva. República de Macedonia, Islandia, Montenegro, Moldavia, Serbia, Turquía e Ucraína.

O período de acollida é de un a seis meses de forma totalmente gratuíta.

PRAZO INSCRICIÓN ABERTO

PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO XUVENIL

Este programa ten como obxectivo promover o espírito empresarial e a cultura emprendedora entre os mozos, apostando polo emprendemento e o autoemprego como dúas opcións de acceso ao mercado laboral.

Para crear unha empresa ou consolidar unha empresa precísanse, ademais de determinadas capacidades, moitas horas de traballo e formación no terreo empresarial. Todo iso ha de ir acompañado dunha forte motivación, que resulta vital para conseguir o obxectivo e que provén, na maioría dos casos, dunha actitude emprendedora e activa.

A rede Kaleidos, da que forma parte Santiago, organiza o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía do 27 ao 29 de marzo

A Fundación Kaleidos Rede, da que forma parte o Concello de Santiago, organiza o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía (COEP congress) que, baixo o lema ‘Gobernanza local e Axenda 2030: Comunicar para entender’, se celebrará os próximos días 27, 28 e 29 de marzo no Espazo Sociocultural Petxina, na cidade de Valencia.

Un encontro de tres días para compartir debate, análise e reflexións orientadas á acción sobre políticas locais de proximidade, participación cidadá e tendencias de comunicación no marco da Axenda 2030.