• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Compostela acolle o 30º Encontro Internacional de xestores do programa Erasmus para Mozos Emprendedores en Europa

A Cidade da Cultura acolle durante o día de hoxe e de mañá o 30º Encontro Internacional de Xestores do programa Erasmus Emprendedores en Europa (EYE Network Meeting - Erasmus for Young Entrepreneurs), grazas ao esforzo conxunto da Cámara de Comercio de Santiago e UNINOVA (Concello de Santiago e USC) que permitiu a Compostela impoñerse como a candidatura seleccionada fronte a outras seis cidades.

Compostela acollerá o Encontro Internacional de xestores do programa Erasmus Emprendedores en Europa

Desde a Cámara de Comercio de Santiago, de maneira conxunta con UNINOVA (Concello de Santiago e USC) preparouse durante o mes de setembro unha candidatura para acoller en marzo de 2023, previsiblemente entre o 7 e o 9, un encontro internacional de xestores do programa Erasmus Emprendedores en Europa.