• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago participa no IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía en Valencia

Durante a segunda xornada do COEP Congress, falouse de como a dixitalización nos pode axudar a alcanzar sociedades máis abertas e conectadas nunha mesa redonda formada por Helen Darbishire, directora executiva de Access Info Europe; quen comentou que "desde a sociedade civil esíxese un dereito fundamental como é o dereito á información e, a pesar de ter xurisprudencia, non temos unha Lei Orgánica en España".

A rede Kaleidos, da que forma parte Santiago, organiza o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía do 27 ao 29 de marzo

A Fundación Kaleidos Rede, da que forma parte o Concello de Santiago, organiza o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía (COEP congress) que, baixo o lema ‘Gobernanza local e Axenda 2030: Comunicar para entender’, se celebrará os próximos días 27, 28 e 29 de marzo no Espazo Sociocultural Petxina, na cidade de Valencia.

Un encontro de tres días para compartir debate, análise e reflexións orientadas á acción sobre políticas locais de proximidade, participación cidadá e tendencias de comunicación no marco da Axenda 2030.