A rede Kaleidos, da que forma parte Santiago, organiza o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía do 27 ao 29 de marzo
A Fundación Kaleidos Rede, da que forma parte o Concello de Santiago, organiza o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía (COEP congress) que, baixo o lema ‘Gobernanza local e Axenda 2030: Comunicar para entender’, se celebrará os próximos días 27, 28 e 29 de marzo no Espazo Sociocultural Petxina, na cidade de Valencia.
Un encontro de tres días para compartir debate, análise e reflexións orientadas á acción sobre políticas locais de proximidade, participación cidadá e tendencias de comunicación no marco da Axenda 2030.