III edición da aceleradora de innovación social Vodafone Connecting for Good Galicia
Se tes iniciativas para resolver, a través da innovación, algún reto social no ámbito da educación, a saúde, a participación cidadá ou a accesibilidade, entre outros, podes optar ao programa de aceleración Vodafone Connecting for Good Galicia, unha iniciativa da Fundación Vodafone España co apoio da Xunta de Galicia, para que se convirtan en negocios reais e os teus produtos e servizos despeguen con garantía de éxito.
Un xurado seleccionará ata un máximo de seis proxectos de emprendemento e valorarando especialmente o enfoque inclusivo á hora de ter en conta a persoas con discapacidade e persoas maiores.
Os proxectos seleccionados terán acceso ao Centro Vodafone Connecting for Good Galicia na Cidade da Cultura de Galicia e a un programa de formación e mentorizaxe. Ademais, o mellor proxecto recibirá unha axuda de 25.000 euros por parte de Gain e poderá optar a un préstamo participativo de Xesgalicia por un importe equivalente; o proxecto máis accesible recibirá 10.000 euros por parte de Vodafone; e o resto de finalistas un patrocinio de 2.000 euros tamén de Gain.