• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO XUVENIL

Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Fundación INCYDE, Concello de Santiago de Compostela

Reactiva o teu futuro é un proxecto que se desenvolve en diferentes rexións do territorio

español e que está enmarcado dentro dos Itinerarios de Emprendemento Xuvenil. Programa

Operativo de Emprego Xuvenil 2014 – 2020 de FSE que a Comisión Europea ha aprobado

para España. O seu principal obxectivo é reducir o desemprego xuvenil en España,

especialmente entre os menores de 30 anos non ocupados e non integrados nos sistemas de

educación ou formación.

Este programa ten como obxectivo promover o espírito empresarial e a cultura emprendedora entre os mozos, apostando polo emprendemento e o autoemprego como dúas opcións de acceso ao mercado laboral.

Para crear unha empresa ou consolidar unha empresa precísanse, ademais de determinadas capacidades, moitas horas de traballo e formación no terreo empresarial. Todo iso ha de ir acompañado dunha forte motivación, que resulta vital para conseguir o obxectivo e que provén, na maioría dos casos, dunha actitude emprendedora e activa.

A través deste programa preténdese:

• Fomentar o desenvolvemento de competencias emprendedoras entre as persoas mozas.

• Promover o éxito empresarial entre os participantes, a través de novas oportunidades de crecemento e a creación de actitudes empresariais.

• Proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Empresa / Plan de Mellora.

• Dotar aos mozos das ferramentas e as habilidades necesarias para identificar, definir e modelar o seu modelo de negocio.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

O programa está orientado a moz@s menores de 30 anos, inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ben sexan emprendedores e/ou profesionais conten cunha idea de negocio e desexen realizar un proxecto viable de creación de empresa para a súa posterior posta en marcha.

Requisitos

Moz@s menores de 30 anos, inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil