PROGRAMA ERASMUS PARA NOVOS EMPRENDEDORES
Iniciativa da Unión Europea na que UNINOVA (Incubadora de Empresas do Concello e da USC) participa como organismo intermedio
EMPRESARIOS DE ACOLLIDA
Erasmus for Young Entrepreneurs is a business exchange programme, offering new entrepreneurs the possibility to work for up to 6 months with an experienced entrepreneur in his or her small or medium-sized business in another EU country. [ - Europe]
Este programa permite que propietarios/xerentes ou persoas que formen parte de Consellos de Administración dunha PEME (con máis de tres anos de experiencia dirixindo a empresa) poidan acoller a un mozo emprendedor doutro país da UE, así como dun grupo de países participantes (Albania, Armenia, Bosnia-Herzegoniva. República de Macedonia, Islandia, Montenegro, Moldavia, Serbia, Turquía e Ucraína.
O período de acollida é de un a seis meses de forma totalmente gratuíta.
PRAZO INSCRICIÓN ABERTO
A empresa de acollida debe cubrir un formulario de inscrición (en inglés) e achegar o CV da persoa que se inscriba (propietarios, xerentes, ou persoas que formen parte do Consello de Administración).
A páxina web onde se debe facer a inscrición é https://www.erasmus-entrepreneurs.eu/ no apartado Rexístrate.
Empresarios e PEMES
As vantaxes para as empresas de acollida son moitas:
Traballar cun novo emprendedor moi motivado que poder aportar ideas innovadoras, novas habilidades e coñecementos.
Beneficiarte dunha "nova visión” do teu negocio, e dos coñecementos especializados que o novo emprendedor poida ter e que ti non domines
Desempeñar o papel de mentor ou titor;
Aprender acerca de mercados estranxeiros, ampliar as túas oportunidades de negocio emprender actividades transnacionais,
Relacionarte con emprendedores doutros países participantes e beneficiarte da oportunidade de colaborar con eles;
Establecer unha rede de contactos e relacións sólidas que poderán ser útiles para intercambiar consellos e obter recomendacións, así como para atopar socios no estranxeiro;
O desenvolvemento das túas habilidades lingüísticas;
A grande maioría dos empresarios de acollida aproveitaron tanto a experiencia, que decidiron acoller a outros novos emprendedores ao rematar o intercambio
https://www.erasmus-entrepreneurs.eu/
Máis información en UNINOVA, Edificio CERSIA EMPRESA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol sn,
15707 Santiago de Compostelaç
Tel 981 542494
Email: rosamaria.sanchez@usc.es