O Pleno acorda nomear a Ramón Baltar fillo predilecto da cidade e dá luz verde ao destino do remanente de tesourería
A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, detallou o modificativo de crédito de 7.255.699,73 € que "será financiado integramente con remanente líquido de tesourería". Unha partida de 4.434.864,01 de euros "fará fronte a gastos correntes procedentes de obrigas do ano pasado e sobre todo aos custes derivados do incremento dos prezos da luz polo proceso inflacionista", ao que corresponde o importe máis elevado, de 2.311.971,47 €.
Resolución de Concesión da convocatoria de 2022 das subvencións a empresas para actuacións en materia de Economía Circular
A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 27 de decembro de 2022 adoptou o seguinte acordo: Resolución de Concesión da convocatoria de 2022 das subvencións a empresas para actuacións en materia de Economía Circular resultando beneficiaria de dita subvención a empresa COMPOSTELA INSERTA EIL SL B70XXXX71, por un importe de 9.631,94 euros.
Ábrese o prazo de solicitude de subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e á prevención das violencias machistas
Estas axudas están destinadas a todas aquelas asociacións e entidades sen ánimo de lucro que, entre outros requisitos, teñan recollido expresamente nos seus estatutos, como obxecto ou entre os seus fins, a consecución da efectiva igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes e/ou a defensa dos dereitos e liberdades das persoas e colectivo LGTBQI. Tamén deben ter sede, domicilio social ou delegación permanente no termo municipal de Compostela.
A convocatoria conta con 3 liñas de axudas:
AXUDAS ECONOMICAS A EMPRESAS QUE REALICEN PUBLICACIONS PERIODICAS ESCRITAS INTEGRAMENTE EN GALEGO
OBXECTO
A expansión e difusión do galego normativizado e da cultura nas tarefas de información xornalística, de acordo co artigo 2 do Decreto 103/1994, do 21 de abril, polo que se establecen axudas dirixidas ás publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado.
SUBVENCIONS PARA A MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURISTICOS DE ALOXAMENTO E RESTAURACION
OBXECTO
En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:
-Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
-Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
-Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
SUBVENCIONS PARA AMPLIAR E DIVERSIFICAR A OFERTA CULTUAL EN AREAS NON URBANAS TERRITORIO CULTURA
A finalidade destas axudas é reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis aló dos grandes núcleos urbanos e contribuír, deste modo, a incrementar a actividade cultural no territorio, entendida como un motor de cambio, dinamización e transformación social.
A Xunta de Goberno aproba as bases de dúas convocatorias de axudas destinadas a empresas de Santiago e do Premio á excelencia empresarial
XUNTA DE GOBERNO