• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS A SALAS DE ARTES ESCENICAS

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT402D).

Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións de concesión en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional, das salas de artes escénicas de titularidade privada e así fomentar a súa estabilidade e consolidación, e aprobar a convocatoria para o ano 2024

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Ficha do proxecto de programación artística (anexo III).

b) Plan económico-financeiro (anexo IV).

c) Plan de comunicación e xestión de públicos coa explicación detallada dos obxectivos, das accións previstas para a fidelización, formación e captación de novos públicos.

d) Escritura de propiedade, contrato de alugamento ou outros documentos válidos en dereito, que amose a dispoñibilidade da sala por parte da persoa solicitante.

e) Licenza municipal de apertura do espazo.

f) Contratos laborais do persoal vinculado ao proxecto.

Se a persoa solicitante é unha persoa xurídica, ademais da documentación requirida no punto anterior, deberá presentar:

a) Certificado do acordo de solicitude da axuda.

b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.

c) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poden obter a condición de beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas xestoras de salas de artes escénicas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo

Requisitos

a) A persoa solicitante deberá estar en posesión da correspondente licenza de apertura da sala para poder desenvolver a axuda que solicita. b) A sala deberá ter unha capacidade igual ou inferior a 150 localidades. c) A persoa solicitante deberá acreditar que a sala para a cal solicita a axuda realizou un mínimo de 50 representacións no ano 2023.

Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións:

a) As asociacións, fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

b) As persoas ou entidades públicas ou privadas en que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.