• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA PROXECTOS DE GASES RENOVABLES

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de gases renovables, para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento IN421Z).

O obxecto destas bases é apoiar proxectos integrais de gases renovables consistentes na produción de hidróxeno de orixe renovable ou de biogás/biometano, obtido por dixestión anaerobia, para o seu aproveitamento en centros de demanda situados en Galicia, favorecendo e fomentando deste xeito o uso racional das enerxías renovables

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación obrigatoria:

A) Documentación administrativa:

i. Poder de representación da persoa que presenta a solicitude, cando sexa necesario (anexo II).

ii. Para acreditar a titularidade ou dispoñibilidade dos terreos admitiranse os seguintes documentos: título de propiedade ou contrato de arrendamento ou cesión de uso, acompañado de documento que acredite a titularidade do arrendador ou cedente. Tamén se admitirá certificado catastral ou recibo de pagamento do IBI acompañado, en ambos os dous casos, de declaración responsable (asinada polo representante legal da empresa solicitante) de que os datos contidos no certificado ou no recibo non sufriron variación.

iii. As tres ofertas que debe ter solicitado o solicitante da axuda, cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para a persoa beneficiaria igual ou superior a 15.000 euros.

iv) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

v) Declaración responsable de que non se trata dunha empresa en crise e que non esta suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión.

vi) As empresas ou entidades deben acreditar a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das empresas de servizos enerxéticos, o que debe estar situado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia son os centros de consumo.

vii) As empresas, cando non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán copia da documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente (non é necesario no caso de que o solicitante sexa unha empresa pública).

viii) Cando unha empresa de servizos enerxéticos xestione total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía, deberá achegar, ademais: a. Copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda. b. Constancia por escrito da autorización e coñecemento por parte do titular ou titulares da instalación de que se solicita a subvención.

ix) Para a acreditación da condición de pequena ou mediana empresa ou gran empresa, deberase achegar, ademais: a. Contas anuais da empresa solicitante, e das empresas asociadas ou vinculadas, correspondentes ao último exercicio contable pechado, co xustificante de ser depositadas no rexistro correspondente. b. Declaración responsable emitida polo representante da empresa en que se reflicta o número de empregados da empresa, así como os das empresas asociadas ou vinculadas.

B) Documentación técnica:

a. Memoria técnica da actuación, asinada por técnico competente, segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal)

b. Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos. Fotografía de vista aérea en que se indique de forma apreciable a edificación onde se executará a instalación (Sixpac, catastro ou similar). Esbozo ou planos en que se localicen os equipamentos instalados na edificación, incluíndo tamén transformadores, liña de evacuación e sistemas e infraestruturas eléctricas adicionais ata o punto de conexión coa rede eléctrica de transporte ou distribución, cando sexan necesarias en función da tipoloxía de actuación obxecto de axuda.

c) Declaración responsable do principio de non causar prexuízo significativo (DNSH) a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852, segundo o modelo dispoñible na web do Inega https://www.inega.gal/

d) Declaración responsable de protexer fronte ao cambio climático as infraestruturas cuxa vida útil exceda cinco anos desde a fase inicial a ao longo de todo o ciclo de vida segundo o modelo dispoñible na web do Inega https://www.inega.gal/

e) Nas instalacións de biogás/biometano achegarase unha memoria asinada por un técnico competente onde, para as condicións previstas para o conxunto do proxecto obxecto da solicitude, de acordo coa metodoloxía do anexo VI da Directiva (UE) 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, se xustifique que a redución de gases de efecto invernadoiro é igual ou superior ao 80 % no caso de producir electricidade ou calor, e igual ou superior ao 65 % no caso de producir biometano para uso en transporte.

f) De ser o caso, xustificación do cumprimento de requisitos de externalidades positivas reflectidas no artigo 20 asociado aos criterios de valoración.

g) Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente achegar para a correcta avaliación do proxecto.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

a) Empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Para os efectos destas bases, terase en conta a definición de empresa recollida no anexo I do Regulamento 651/2014 no cal se considerará empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, pública o privada, que exerza unha actividade económica.

b) Empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo corresponden a entidades incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, das actividades recollidas na letra a) deste artigo e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior. Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha entidade das indicadas na letra a) e deberán contar en todo caso co visto e prace do titular da instalación, por se a concesión da axuda dese lugar a modificación do contrato existente entre ambas as partes.

Requisitos

As empresas de servizos enerxéticos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 56/2016, do 12 de febreiro, para o desenvolvemento da actividade profesional de provedor de servizos enerxéticos, e deberán estar incluídos na Listaxe de provedores de servizos enerxéticos regulada no capítulo III do citado real decreto.

As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

Os requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.