SUBVENCIONS PARA O FINANCIAMENTO DE ACCIONS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACION
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
ORDE do 20 de decembro de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2024 (código de procedemento TR301P).
As subvencións que se concedan ao abeiro do disposto nesta orde terán como finalidade o financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, e estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Ficha da acción formativa (anexo II).
b) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito). c) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude no nome e representación da agrupación, no caso de agrupacións temporais de empresas.
d) Copia da documentación de constitución da entidade solicitante ou dos estatutos sociais debidamente legalizados.
e) Memoria técnica explicativa do compromiso de contratación do alumnado, asinado pola persoa ou persoas representantes da empresa ou empresas vencelladas ao proxecto presentado, que deberá incluír a información detallada no artigo 5.4 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023.
f) Para todas as especialidades, agás no caso de que a formación se desenvolva en centros xa inscritos para impartir a especialidade formativa, relación detallada de dotacións, equipamentos e medios materiais que se van utilizar no seu desenvolvemento, así como unha descrición das aulas e talleres, indicando os seus metros cadrados e xuntando planos oficiais das instalacións onde estea previsto impartir a formación.
g) No caso de solicitudes conxuntas de agrupacións temporais de empresas deberá achegarse: • Documento de constitución da agrupación, en que deberá constar a persoa designada como representante desta. • Convenio entre as partes que fan a solicitude conxunta que incluirá os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, o período de vixencia da agrupación que, como mínimo, deberá ser o do tempo de duración da acción ou accións formativas, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. • Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para asinar o convenio, en nome e representación da entidade, para cada unha das entidades que formen parte da agrupación. • Comprobación de datos para pluralidade de solicitantes (anexo IV).
h) Cando se soliciten especialidades formativas non incluídas no Catálogo de especialidades formativas a que se refire o artigo 20.3 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, as entidades solicitantes deberán achegar a documentación que a seguir se referencia, nos termos recollidos na Orde TMS/283/2019, do 12 de marzo, pola que se regula o Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral. • Solicitude de alta da nova especialidade formativa. • Proposta de programa formativo. • Ficha coa proposta da nova especialidade formativa. • Informe motivado da necesidade de dar de alta a nova especialidade formativa no Catálogo de especialidades formativas. Para estes efectos, a actualización do citado catálogo e as correspondentes altas e baixas de especialidades, serán realizadas polo Servizo Público de Emprego Estatal. Na páxina web https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/especialidadesformativas, está dispoñible para a súa consulta unha guía informativa coas actuacións a realizar para dar de alta novas especialidades formativas no Catálogo de especialidades formativas. O informe motivado e os programas que se citan na guía deberán ser remitidos en soporte informático editable para os efectos, nos termos do artigo 6 da Orde TMS/283/2019, da correspondente xestión e tramitación dos procesos de alta, modificación e reactivación, segundo proceda, da especialidade ou itinerario formativo. As accións formativas obxecto de financiamento non poderán en ningún caso iniciarse con carácter previo á finalización favorable do proceso de alta, modificación ou reactivación que corresponda.
i) Solicitude xustificada de autorización para impartir accións formativas de duración superior ás 300 horas, de ser o caso.
1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación, que adquiran, no marco da actividade subvencionada, o compromiso de contratación das persoas traballadoras aprobadas e/ou formadas ao que se refire esta orde. Entenderase por agrupación temporal de empresas, para os efectos desta orde, cando distintas empresas pertencentes a un sector ou actividade acrediten a correspondente agrupación mediante un acordo ou convenio entre elas.
2. Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases, as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención.
Todas as empresas agrupadas deberán cumprir todos os requisitos da convocatoria para seren beneficiarias.
Así mesmo, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. Cada empresa que forme parte desta agrupación temporal deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
Calquera modificación dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación deberá ser previamente solicitada, mediante documento asinado por todos os seus membros, á Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación para a súa autorización, e estará suxeita ao disposto neste artigo e no punto 7 do artigo 17 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023. Os ditos cambios non poderán en ningún caso minorar o compromiso de contratación adquirido pola agrupación.
Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención.
As beneficiarias deberán dispor, ben por si mesmas ou mediante acordo cunha entidade de formación, do equipamento e instalacións no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para a impartición das especialidades formativas solicitadas no seu programa formativo, así como dos recursos humanos requiridos de acordo coa normativa reguladora. As empresas beneficiarias desenvolverán as accións formativas utilizando os medios de execución propios ou contratados establecidos no artigo 20 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023.