• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS Á APICULTURA

Consellería do Medio Rural

ORDE do 7 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, no marco da Intervención Sectorial Apícola recollida no Plan Estratéxico Nacional da Política Agrícola Común (PAC) do Reino de España 2023-2027 e proceder á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Documentación requerida

Documentación complementaria (MR506A):

a) Autorización para facer a solicitude no caso de representación, nos termos esixidos no artigo 5 da Lei 39/2015.

b) Declaración responsable do persoal veterinario sobre o programa de loita contra a varroose, para as accións 2.1.1 e 2.1.2. Consistirá nun compromiso de elaboración e execución do dito programa.

c) Verificación do cumprimento do requisito previsto no artigo 13.3 bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, das subvencións cuxa normativa nacional recolla que deben cumprilo, reguladas, xestionadas ou financiadas total ou parcialmente polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e os seus organismos públicos vinculados ou dependentes. d) Programa de actuación que pretende desenvolver para cada unha das accións solicitadas: memoria onde figuren os datos da persoa apicultora, número de colmeas, descrición de todos os investimentos, contratación de servizos e finalidade destes, incluíndo orzamentos ou facturas pro forma dos investimentos, desagregado para todas e cada unha das accións para as que se solicita axuda. A memoria incluirá tamén o calendario de execución das accións. Se unha persoa apicultora solicitante de axuda a título individual, tamén o é para outra acción a través dunha agrupación de apicultores/as, deberá indicalo expresamente na memoria e no impreso de solicitude.

e) Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar.

f) Xustificación da exclusividade dos equipamentos para a actividade transhumante, se é o caso.

g) Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil das colmeas en vigor e xustificante bancario do seu pagamento. A póliza especificará o nome do titular, o código Rega da explotación e o número de colmeas aseguradas. Todo isto para os efectos de comprobar o cumprimento do requisito recollido no artigo 4.1.a).4º.

h) Documentación que acredite, de ser o caso, o cumprimento dos criterios sinalados nas letras c) e e) do artigo 10.2 desta orde.

Documentación complementaria (MR506B):

a) Certificación do órgano competente na cal se especifique o acordo polo que se concede autorización para facer a solicitude ao asinante dela. b) Certificación do órgano competente que acredite o desempeño actual do cargo.

c) Acta de constitución da agrupación de apicultores/as, ou copia dos estatutos.

d) Verificación do cumprimento do requisito previsto no artigo 13.3 bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, das subvencións cuxa normativa nacional recolla que deben cumprilo, reguladas, xestionadas ou financiadas total ou parcialmente polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e os seus organismos públicos vinculados ou dependentes. e) Programa de actuación que pretende desenvolver para cada unha das accións solicitadas: Memoria descritiva de cada actuación onde figuren os datos das persoas apicultoras incluídas no programa de cada acción, número de colmeas afectadas, descrición de todos os investimentos e finalidade deles, incluíndo orzamentos pormenorizados e/ou facturas pro forma dos investimentos. A memoria incluirá tamén o calendario de execución das accións.

f) Relación nominal de socios actualizada, en formato electrónico, concretamente nun arquivo «.csv».

g) Copia do contrato e titulación do persoal veterinario e doutro persoal técnico titulado responsable da execución do programa sanitario de loita contra a varroose.

h) Copia do contrato do persoal administrativo.

i) Certificación do contido dos contratos de traballoj) Copias dos contratos de servizos para as accións: 3.1, 3.4 e 3.5.

k) Solicitude de autorización previa para a contratación das actividades subvencionadas a persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, de acordo co recollido no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007.

l) Nas axudas das accións 2.1.1 e 2.1.2 de loita contra a varroose: declaración responsable do persoal veterinario de compromiso previo de execución e posterior xustificación do programa.

m) Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar.

n) Xustificación da exclusividade dos equipamentos para a actividade transhumante, se é o caso.

o) Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil das colmeas en vigor e xustificante bancario do seu pagamento.

p) Documentación que acredite, de ser o caso, o cumprimento dos criterios sinalados nas letras c) e e) do artigo 10.2. desta orde.

q) No caso de que a agrupación sexa titular dunha explotación e esta estea incluída dentro da relación de explotacións destinatarias dunha ou varias accións, deberá achegar unha declaración do presidente da entidade sinalando cal é o obxecto da explotación así como que os socios son coñecedores desta situación.

r) De ser o caso, deberase achegar unha declaración responsable, asinada por un perito mercantil ou auditor legal en relación coa admisibilidade do imposto sobre o valor engadido (IVE) conforme a non recuperación do imposto segundo o artigo 23.2 da orde de axudas, sinalando as accións afectadas por esta circunstancia.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

a) As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida contempladas en a Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.

b) As agrupacións de apicultores/as, na medida que os seus socios ou asociados beneficiarios das axudas cumpran cos requisitos establecidos

Requisitos

1º. Levar realizando a actividade apícola con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude de axuda, fóra de quen iniciase a actividade a través dun cambio de titularidade de explotacións en estado de alta con anterioridade a esa data. Ademais, quedará exenta do requisito anterior a creación de figuras asociativas ou persoas xurídicas integradas por apicultores/as que o foran antes do 1 de xaneiro do ano da presentación da solicitude, ou a creación de explotacións de titularidade compartida na que un dos membros fose apicultor ou apicultora con anterioridade a esa data. En caso de fusións de explotacións xa existentes, considerarase a data de inicio da actividade a do titular con maior antigüidade.

2º. Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas.

3º. Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroose, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.

4º. Disporen dun seguro de responsabilidade civil das colmeas.

5º. Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002.

6º. Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2023 antes do día 1 de marzo de 2024.

7º. Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) con resultado favorable antes do 1 de marzo de 2024, segundo o recollido no artigo 7.2 do Real decreto 209/2002 e no artigo 6 do Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade autónoma de Galicia. No que respecta a necesidade de dilixenciar o libro de rexistro, establecida non artigo 7.1 do Real decreto 209/2002, considerarase cumprida se a autoridade competente ten establecido un procedemento telemático para o rexistro da devandita documentación. As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas