Extracto da Resolución do 30 abril 2021 aproban bases subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais ano 2021
DOG Nº 84 do 05/05/2021
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Bases reguladoras
Resolución do 23 de abril de 2021 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT402C).







