• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso: Contración Pública.Alianzas estratéxicas e fórmulas de colaboración

EspazoCoop a través da Rede Eusumo organiza a mencionada actividade formativa dentro do Programa especializado de formación xerencial para cooperativas.

Datas: do 18 de maio ao 1 de xuño de 2021

Modalidade: en liña. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 18 e 25 de maio e 1 de xuño de 16:30 a 19:00h.

Duración: 15 horas

Destinatarios: Preferentemente as persoas socias pertencentes aos equipos directivos, persoas que formen parte do Consello Reitor, e socias e asalariadas con responsabilidades de departamento ou area xerencial e/ou de licitación pública.

Obxectivos:

  • Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.
  • Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.
  • Divulgar de forma práctica ás cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección.
  • Potenciar o coñecemento mutuo e intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.

 

Programa formativo:

  • Módulo 1. Contratación pública: oportunidades para a licitación conxunta
  • Módulo 2. Preparación para a licitación pública
  • Módulo 3. Análise e decisión para licitar intercooperando
  • Módulo 4. Preparación dunha proposta
  • Módulo 5. Adxudicación e execución dun contrato
  • Módulo 6 (transversal) Presentación de experiencias e boas prácticas

 Inscricións: a través do seguinte formulario ou no patane@espazo.coop / 881 887 456