Extracto da Resolución nº 2021/15769 aproba convocatoria axudas PEL-REACTIVA :Programa específico apoio á Hostelaría e Axencias de Viaxes ,do Plan PEL 2021
O obxecto de PEL- REACTIVA: Programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxes, é o mantemento da actividade económica nos sectores da hostalería e das axencias de viaxe da provincia, ambos gravemente afectados pola crise económica derivada da pandemia orixinada pola crise da Covid-19.
BOP Nº 79 do 29/04/2021
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https:// www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/559363)
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, se publíca o extracto da convocatoria de axudas PEL- REACTIVA: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO Á HOSTALERÍA E AXENCIAS DE VIAXES, do Plan de Emprego Local (PEL 2021); cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos Nacional de Subvenciónshttp://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
Beneficiarios.-
Estas axudas van dirixidas ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e as microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das Agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas), pertencentes á Sección 1ª das tarifas do este imposto aprobadas por R.D Lexislativo 1.175/1990, do 28 de setembro.
Bases reguladoras.-
A presente convocatoria réxese polas Bases reguladoras publicadas no BOP número 72 de 20/04/2021, dispoñibles en https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/04/20/2021_0000003177.html
Prazo de presentación de solicitudes.-
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 3 de maio de 2021 ás 08.00 horas, unha vez publicada a convocatoria no BOP a través da remisión da mesma á BDNS.