• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Encontro entre cooperativas:A planificación estratéxica

Espazocoop a través da Rede Eusumo e en colaboración co Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES, organiza a mencionada actividade formativa

Data: 14 de maio de 2021

Horario e modalidade: de 09:30 a 11:30 horas a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop 

Duración: 2 horas

Destinatarios: Cooperativas socias de EspazoCoop de forma preferente e outras cooperativas galegas (non asociadas á Unión).

Obxecto: 

  • Avanzar nos contidos do Programa #SaimosCooperando, edición 2021.
  • Pór en común e intercambiar información sobre experiencias e boas prácticas sobre diagnose e planeamento, reflexión estratéxica, previsións e orzamentos das cooperativas participantes, e daquela sexa coherente cos obxectivos do Programa.
  • Xerar un espazo de coñecemento mútuo e promoción de posíbeis accións de cooperación entre as cooperativas e persoas participantes aproveitando as sinerxias dos encontros.

Programa da acción:

09:30 h. - Benvida e presentación breve das persoas e cooperativas participantes.
09:45 h.- Presentación dos Obxectivos do Encontro no marco do programa #SaimosCooperando – Edición 2021.
10:00 h.- Intercambio de información sobre experiencias e boas prácticas en diagnose e planeamento, reflexión estratéxica, previsións, etc..
11:15 h.- Presentación das conclusións dos grupos de traballo.
11.30 h.- Peche do encontro.

Inscricións:


- A través de espazo.coop / roberto@espazo.coop / 986 86 61 49