Extracto da R. 2021/16377 aproba convocatoria subvencións as entidades asociativas ,federacións,agrupacións de entidades agrarias,labregas,gandeiras,forestais..para actividades ano 2021
Obxecto As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización das actividades descritas na base 3 das bases reguladoras específicas
BOP Nº 81 do 03/05/2021
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https:// www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/560037)
Bases reguladoras A presente convocatoria rexirase polas Bases reguladoras publicadas no BOP número 76 do 26 de abril de 2021, dispoñibles en: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/04/26/2021_0000003325
Beneficiarios.-
Poderán acceder a estas axudas as cooperativas agrarias, sociedades agrarias de transformación, asociacións, federacións e agrupacións de federacións e agrupacións de entidades agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións, federacións e agrupacións de asociacións de cazadores sen ánimo de lucro que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta Provincia.
Prazo de presentación de solicitudes.-
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14:00 horas do día 31 de maio de 2021.