Bases e convocatoria axudas para o rescate do comercio local afectado pola crise da COVID19.Anualidade 2021
BOP Nº 85 do 07/05/2021
Persoas beneficiarias.-
2.1. Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos, no momento da publicación desta convocatoria no BOP:
– Que entre as súas actividades estea incluída algunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II.
– Que a persoa teña a súa sede de actividade no municipio de Santiago de Compostela.







