• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Workshop en liña "Materiais orgánicos non vexetais"

Materioteca de Galicia celebra o seu primeiro  workshop de 2021 cos materiais orgánicos non vexetais como protagonistas. O 20 de maio cinco expertos presentarán as principais tendencias neste tipo de materiais durante o evento en liña o organizado pola Xunta de Galicia, a través da  Axencia  Galega de innovación ( GAIN).

Data: 20/05/2021
Hora: 10.30 – 12.45  h.

 

Durante este  workshop explorarase a relación destes materiais co mundo do  contract e as súas diferentes aplicacións para a obtención de texturas e acabados superficiais de alta calidade e valor comercial. Os encargados de expoñer esta vertente dos materiais orgánicos non vexetais serán os promotores das iniciativas  Workshop  Contract e Material  Hub  Innovation.

Por outra banda, representantes dos centros tecnolóxicos CTAG,  CETIM e ANFACO- CECOPESCA presentarán diferentes proxectos nos que estes materiais toman protagonismo como recursos de interese para a industria do automóbil, a obtención de  biopolímeros a partir da  lactosa e a revalorización de residuos da pesca, respectivamente.

Na última parte do  workshop, expoñerase unha selección internacional de materiais con base orgánica non vexetal a cargo  Materially, que incidirá nas súas aplicacións e interese industrial.

Este evento é de especial interese para deseñadores/ as, persoal técnico e profesionais vinculados co deseño e coa comercialización de novos produtos cun alto compoñente de sustentabilidade.