• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Bases e convocatoria axudas para o rescate do comercio local afectado pola crise da COVID19.Anualidade 2021

1.º. Obxecto e finalidade.-

1.1. O obxecto destas bases é regular a concesión de axudas dirixidas ao comercio local afectado pola crise da Covid19, anualidade 2021.

1.2. A finalidade destas axudas é promover e reactivar a actividade local que permita manter a actividade económica, o emprego e a dimensión competitiva do sector do comercio para que poida afrontar as consecuencias derivadas do impacto xerado pola crise producida pola Covid-19.

1.3. Estas s axudas teñen carácter finalista polo que o importe da subvención concedida non poderá ser empregado para outros fins.

  BOP Nº 85 do 07/05/2021

Persoas beneficiarias.-

2.1. Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos, no momento da publicación desta convocatoria no BOP:

– Que entre as súas actividades estea incluída algunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II.

– Que a persoa teña a súa sede de actividade no municipio de Santiago de Compostela.

– Que en 2020 sufriran una baixada na facturación igual ou superior ao 20% respecto o 2019. A baixada de facturación calcularase segundo o establecido na base 4.4.

– Non atoparse en crise (a teor do disposto no artigo 2, punto 18, do Regulamento (UE) n.º 651/2014 da Comisión (Regulamento xeral de exención por categorías) en data 31 de decembro de 2019.

2.2. Dacordo co artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións non poderán obter a condición de beneficiario aquelas persoas que non se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade social impostas polas disposicións vixentes.

Prazo de presentación de solicitudes.-

8.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contar desde as nove da mañá (9:00 h) do día seguinte da publicación desta convocatoria no boletín oficial da provincia da Coruña.

8.2. Aquelas solicitudes presentadas con anterioridade á apertura do prazo de presentación de solicitudes teranse por non presentadas, en atención á obrigatoriedade de termos e prazos establecida no artigo 29 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común.

8.3. O envío das bases ao BOP farase a través da Base de Datos Nacional de Subvencións.

8.4. Coa solicitude, segundo a base 6.ª, deberá xa achegarse toda a documentación precisa para adoptar a correspondente resolución de concesión e aprobación da xustificación da axuda a conceder, no seu caso, polo que o prazo de xustificación coincide co de presentación de solicitudes.