Resolución do 27/04/2021 amplia prazo disposición préstamos IFI extraordinarios COVID19,convocados na Resolución do 13/11/2020 ( DOG Nº 235 do 20 de novembro )
Mediante a Resolución do 3 de agosto de 2020 déuselle publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no instrumento financeiro Préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeuse á convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, da modalidade de préstamos IFI Innova (DOG núm. 163, do 14 de agosto).
Posteriormente, mediante a Resolución do 13 de novembro de 2020, deuse publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Igape que modificou parcialmente as bases reguladoras dos préstamos previstos no instrumento financeiro Préstamos pemes Galicia e convocou, en réxime de concorrencia non competitiva, a modalidade dos préstamos IFI extraordinarios COVID-19 (DOG núm. 235, do 20 de novembro), que establecía no punto cuarto da resolución como prazo máximo de disposición dos fondos dos préstamos IFI extraordinarios COVID-19 o 30 de xuño de 2021.
O importante volume de expedientes da liña IFI extraordinarios COVID-19, que excede 400 solicitudes de préstamo (en concreto, 409) que deben ser analizadas e resoltas, para posteriormente tramitarse a formalización ante un fedatario público dos contratos de préstamo e seguidamente a disposición dos fondos para o seu ingreso nas contas dos beneficiarios, fai aconsellable prorrogar o prazo máximo de disposición previsto na convocatoria ata o 30 de decembro de 2021, de forma que se posibilite dar máis ampla cobertura ás necesidades de financiamento corrente das pemes especialmente afectadas pola crise sanitaria COVID-19
DOG Nº 84 do 05/05/2021
Artigo 1
Fixar no 30 de decembro de 2021 a data límite para presentar a solicitude de disposición de fondos establecida no punto cuarto da Resolución do 13 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que modifica as bases reguladoras dos préstamos previstos no instrumento financeiro Préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e se convoca a liña de préstamos IFI extraordinarios COVID-19.
Artigo 2
Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.