• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Consello Económico e Social do Concello mantén hoxe unha nova xuntanza na que se presentarán os avances no proxecto da Axenda Urbana 2030

A xuntanza de hoxe centrarase nos últimos avances e próximos pasos no marco da Axenda Urbana 2030 de Santiago que serán presentados pola codirectora executiva do proxecto, María Cadaval. Neste punto tamén intervirá o profesor da USC, Melchor Fernández Fernández, para compartir algúns dos datos máis recentes sobre a situación do mercado laboral e os indicadores vinculados á implementación deste proxecto.

O Pleno dá luz verde á segunda exposición pública da modificación do PXOM sobre a regulación de usos

A partir da súa publicación no DOG e durante o prazo de 2 meses, todas as persoas que o desexen poderán formular as alegacións oportunas sobre os cambios propostos tras unha primeira exposición pública sobre o documento aprobado de forma inicial en marzo 2021. Unha vez pechado este prazo e revisadas todas as novas alegacións, elaborarase un documento actualizado no que se integran as modificacións para proceder a continuación á súa aprobación provisional.

Dación de contas no Consello Económico e Social da cidade dos traballos de elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela

Tras a diagnose da situación de partida, previamente realizada polo Concello de Santiago no ano 2021, María Cadaval e Santiago Lago deron conta no Consello Económico e Social dos traballos realizados a través dos Grupos de Impulso e Seguimento (GIS), das reunións mantidas con distintos axentes da cidade e tamén das achegas recibidas a través do plataforma online da web da Axenda Urbana 2030 que permite aglutinar e combinar as actuacións presenciais coa interacción online con toda a cidadanía e grupos de interese que están a participar no deseño e propostas para construír a Compostela do 203

A Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela inicia o proceso de participación directa da cidadanía a través de formularios en liña

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polos co-directores do proxecto, María Cadaval, profesora de Economía Aplicada da USC e Santiago Lago, catedrático de Economía Aplicada da UVigo, presentou esta mañá en rolda de prensa a nova fase na elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago, que impulsará a participación cidadá a través dunha web renovada que recolle toda a información sobre o proxecto e os formularios para facer contribucións.

O Goberno autoriza a construción do novo edificio de viaxeiros da estación de Santiago de Compostela, por un valor estimado de 27,75 millóns de euros

"Trátase dun bo día para Santiago", sinalou o rexedor, xa que tamén hoxe, por parte do Concello, sairon a licitación as obras de remodelación da rúa do Horreo, "para encaixar esa peza dentro da cidade e dentro do tecido urbano".

O alcalde de Santiago e o ministro de Transportes asinan o protocolo para o desenvolvemento e impulso dos obxectivos da Axenda Urbana

O obxecto do protocolo de actuación é dotar de formalidade á colaboración entre a Secretaría Xeral de Axenda Urbana e Vivenda e o Concello de Santiago de Compostela, así como expresar a vontade da Secretaría Xeral de Axenda Urbana e Vivenda de tomar en consideración o Plan de acción do Municipio de Santiago de Compostela como proxecto piloto da Axenda Urbana Española como boa prática e experiencia transferible que pode orientar a outros municipios na elaboración dos seus respectivos plans de acción.

O Pleno dá o visto bo ao Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable do Concello de Santiago

Santiago de Compostela foi un dos primeiros concellos galegos adheridos á iniciativa da Comisión Europea denominada Pacto das alcaldías contra o cambio climático. Antes de rematar o 2020, o Concello propúxose renovar o seu compromiso coa mitigación do cambio climático, e é por iso que agora o Pleno aproba este plan de acción, que ten como obxectivo diminuír en máis dun 40% as emisións de gases de efecto invernadoiro de aquí a 2030.