• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O proxecto "Entre Sar e Sarela" recibe máis de 3,6 millóns da Fundación Biodioversidad para consolidar o anel verde de Santiago e realizar outras intervencións medioambientais

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico concederá 3.613.586,17 euros á proposta "Entre Sar e Sarela", presentada polo Concello e a USC á "Convocatoria de axudas da Fundación Biodiversidad", no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). O investimento contemplado no proxecto é de 3.803.774,91 euros, sen IVE. Os 190.188,74 restantes aportaraos o Concello de Santiago e a USC. A esta cantidade sumaríaselle o IVE, 677.180,92; polo que o custe total sería de 4.480.955,83 euros.