• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA XEMPRE AUTONOMO

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

ITINERARIOS EMPRENDEVERDE

Formación para:

Definir un modelo de negocio con impacto ambiental e social positivo.

Construír un plan de empresa viable e con amplío impacto.

Obter as últimas ferramentas necesarias para o lanzamento ó mercado dun proxecto viable e con impacto verde.

Hai dúas modalidades de formación:

-Modalidade Participativa (con horarios)

SUBVENCIONS PARA ACTUACIONS DE EFICIENCIA ENERXETICA EN EMPRESAS TURISTICAS

A realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico. Están incluídas as seguintes tipoloxías: hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos. Quedarán excluídos os establecementos de aloxamento turístico que ocupen parcialmente un edificio.

Aprobada a solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes por máis de 3,3 millóns de euros para a rehabilitación de 250 vivendas da cidade histórica

A proposta de solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, destinada fundamentalmente a melloras de eficiencia enerxética, contempla a rehabilitación de 250 vivendas. No ano 2023, serían un total de 50 vivendas. En 2024, o ámbito de actuación ampliariase aata as 100 vivendas, as mesmas que en 2025.

I EDICIÓN PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O obxecto dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, é premiar ás empresas que se houberan distinguido polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e, tamén, boas prácticas de empresas de economía social. 

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A APOIAR ÁS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O obxecto destas bases é regular a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas á consolidación e o mantemento de empresas con forma xurídica de cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definidas como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia do Concello de Santiago de Compostela afectadas pola crise da Covid19, dentro do programa COMPOSTELA MÓVESE ano 2022.

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A APOIAR A EMPRESAS PARA ACTUACIÓNS EN MATERIA DE ECONOMIA CIRCULAR DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O obxecto destas bases é regular as condicións que rexerán a concesión das axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas ao desenvolvemento, por parte de empresas de Santiago de Compostela, de proxectos de economía circular, entendida como aquela na que o valor dos produtos, os materiais e os recursos mantéñense na economía durante o maior tempo posible, reducindo ao mínimo a xeración de residuos definidas como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia do Concello de Santiago de Compostela afectadas pola crise da Covid19, dentro do programa “COMPOS