• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

ITINERARIOS EMPRENDEVERDE

 

Fundación Biodiversidad

Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

 

Itinerarios de Formación para Emprendedores

 

-Itinerario de Ideación. Formación dirixida a persoas que queren emprender en verde pero necesitan xerar ou definir unha idea de negocio.

 

-Itinerario Creación. Formación dirixida a persoas emprendedoras que conten cun proxecto ou idea de negocio verde e queiran madurala e/ou validala antes de lanzala ó mercado.

 

-Itinerario Alumni. Formación dirixida a persoas emprendedoras que xa participaron en actuacións de apoio en creación de empresas e que necesitan un plan de acción para mellorar, reforzar, e/ou adaptar a súa idea de negocio verde para lanzala ó mercado.

 

La Red Emprendeverde forma parte del Programa Empleaverde, cofinanciado por el Fondo Social Europeo, y está dirigido a conseguir formación y un empleo de calidad.

Formación para:

Definir un modelo de negocio con impacto ambiental e social positivo.

Construír un plan de empresa viable e con amplío impacto.

Obter as últimas ferramentas necesarias para o lanzamento ó mercado dun proxecto viable e con impacto verde.

Hai dúas modalidades de formación:

-Modalidade Participativa (con horarios)

-Modalidade sen horarios

A Formación desenvolverase dende xaneiro ata marzo de 2023.

Haberá unha xornada de networking presencial optativa na sede da Fundación Biodiversidad.

O seguimento farase non seis meses seguintes a través dunha sesión online á finalización das sesións formativas.

 

Documentación requerida

Haberá que presentar un formulario de participación no que se acompañará  a documentación requirida para cada Itinerario.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Están dirixidos a persoas emprendedoras, residentes en España, con proxectos ou ideas de negocio que persigan un impacto positivo no medioambiente e/ou queiran emprender nunha reserva da biosfera. Que teñan pensado crear unha nova empresa nos próximos 12 meses.

 

 

Requisitos

En xeral, os requisitos de participación son os seguintes:

-Residir en España

-Estar dado de alta como persoa en situación de desemprego ou traballador por conta propia ou allea e poder acreditalo documentalmente.

-Querer crear unha empresa verde en España.

-Para os itinerarios de Ideación ou Creación non poderán participar as candidaturas de persoas que xa crearan a empresa no momento da presentación da súa candidatura ou inscrición.

-Para o Itinerario Alumni, é necesario que se houbera participado nalgún outro programa de apoio a emprendedores.