• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

I EDICIÓN PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A finalidade dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, é recoñecer e valorar de maneira axeitada ás empresas que demostran un gran compromiso coa calidade total.

Estes premios, para as empresas, deben representar un estímulo para acadar a excelencia.

O obxecto dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, é premiar ás empresas que se houberan distinguido polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e, tamén, boas prácticas de empresas de economía social. 

Documentación requerida

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.

Se a presentación se realiza a través da sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) debera escoller o trámite “Solicitude de subvención” do catálogo de trámites dispoñibles.

As empresas candidatas ó Premio, presentarán unha solicitude para cada unha das categorías ás que concorran, acompañada da seguinte documentación: 
- Formulario normalizado CS006PE dispoñible como anexo I debidamente cuberto en todos os seus campos e asinado electrónicamente. Deberanse cubrir todos os datos, así como as seguintes declaracións responsables:
- Declaración de que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, coa Seguridade Social e co Concello de Santiago achegando os certificados correspondentes.
-Declaración de que os requisitos para poder ser beneficiaria cúmprense no momento da publicación do extracto desta convocatoria no BOP.
-Declaración responsable da persoa solicitante de non estar incursa en ningunha das prohibicións para ser beneficiario recollidas nos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia.
-Declaración responsable de tódalas axudas solicitadas e/ou concedidas baixo o réxime de mínimis, durante o ano actual e os dous anos anteriores, polas administracións públicas competentes, ou entes públicos, nacionais ou internacionais ou, de ser o caso, unha declaración de que non se solicitou nin obtivo axudas ou subvencións.
-Declaración responsable conforme os datos contidos na memoria son certos.
-Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos: Modelo 036, ou 037 (en caso de persoas autónomas); contrato de constitución da sociedade (en caso de sociedades civís ou comunidades de bens), Escritura de constitución (en caso de sociedades mercantís, cooperativas, ou entidades de economía social); Certificado de situación censual, RNT da Seguridade Social actual, certificado de relación de socios traballadores (no caso de empresas de economía social), alta en RETA (no caso de persoas autónomas, sociedades civís, comunidades de bens). Calquera outro documento que acredite o cumprimento dos requisitos.
En caso de que a empresa presente a súa candidatura a máis dunha categoría, esta documentación só se presentará unha vez.
-Certificados de estar ó corrente coa AEAT, Xunta de Galicia, Seguridade Social e Concello de Santiago de Compostela, así como certificado bancario de titularidade de conta.

En caso de que a empresa presente a súa candidatura a máis dunha categoría, esta documentación só se presentará unha vez.
-Memoria na que se expoña a historia da empresa, o seu nome, logo e forma social, os valores que a inspiran, e os méritos (tendo en conta ós criterios de valoración das bases) da candidata para optar ó premio de excelencia na categoría á que concorra.


-Documentación adicional: A empresa candidata poderá aportar a información que considere oportuna para referendar os méritos citados na memoria (reportaxes, folletos, vídeos, informes, etc.).
A memoria e documentación adicional non debe superar as 15 páxinas (sen incluír neste cómputo a portada, índice, e contraportada) en formato DINA4, con marxe de 2,5 cm, e letra calibrí 11.
As solicitudes xunto coa documentación presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela.
A presentación das solicitudes e documentación implica a aceptación íntegra e incondicional das bases reguladas da convocatoria.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Os PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA van dirixidos a todas as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, cando menos, un centro de actividade no Concello de Santiago de Compostela, baixo calquera forma xurídica admitida en dereito, e sexa cal sexa o seu campo de actividade.

Na base terceira defínense as categorías ás que poderán optar as empresas de Santiago de Compostela podendo, cada unha delas, presentar a súa candidatura a varias categorías.

Para concorrer á categoría “Boas prácticas de empresas de economía social”, a empresa debe ser unha cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego, ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia.

Requisitos

Para concorrer á categoría “Boas prácticas de empresas de economía social”, a empresa debe ser unha cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego, ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia.