• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A APOIAR ÁS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago de Compostela dentro do programa “Compostela Móvese  2022" está a desenvolver axudas destinadas á consolidación e o mantemento de empresas con forma xurídica de cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia.

O obxecto destas bases é regular a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas á consolidación e o mantemento de empresas con forma xurídica de cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definidas como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia do Concello de Santiago de Compostela afectadas pola crise da Covid19, dentro do programa COMPOSTELA MÓVESE ano 2022.

 A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido empresarial no Concello apoiando a empresas de economía social mediante axudas ao gasto corrente no que incorren para desenvolver a súa actividade empresarial, nun momento especialmente delicado tras a pandemia da covid- 19 e os efectos derivados da mesma

Documentación requerida

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.

Se a presentación se realiza a través da sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) deberá escoller o trámite “Solicitude de subvención” do catálogo de trámites dispoñibles.

O prazo de presentación de solicitudes e xustificación será de quince días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Coruña 

Para a presentación das solicitudes de axudas as persoas beneficiarias poden contar co asesoramento do Servizo de Apoio á Empresa da Oficina de Economía do Concello de Santiago de Compostela. 

As consultas sobre as presentes bases, poderanse facer a través do correo electrónico do Servizo de Apoio á Empresa (sae@santiagodecompostela.gal), ata 3 días hábiles antes do peche do prazo de presentación de solicitudes. 5.4. Xunto coa solicitude deberá achegarse toda a documentación precisa para adoptar a corrrespondente resolución de concesión a aprobación da xustificación da axuda a conceder, no seu caso, polo que o prazo de xustificación coincide co de presentación de solicitudes.

O Formulario normalizado CS006ES dispoñible como anexo I, dispón dun apartado específico para declarar a relación da facturas e gastos de persoal que se presentan para xustificar a subvención solicitada.

Se existen outras subvencións para os mesmos gastos para os que se solicita a presente axuda, o importe que compre xustificar será a suma de todas as subvencións concedidas para os mesmos.

 

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán resultar beneficiarios das axudas as cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción (definida como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia) que cumpran os seguintes requisitos, no momento da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia:

- Ter iniciada a actividade o 1 de xaneiro de 2022 ou ben iniciala dentro do período subvencionable, e manterse en activo durante o ano da convocatoria. - Para os efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela na que a persoa solicitante cause alta no IAE ou, no seu caso, no censo de obrigados tributarios.

- Que a persoa teña a súa sede social, fiscal e, polo menos, un centro de traballo, no Concello de Santiago de Compostela.

- Que a súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente.

- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas participadas por algunha Administración Pública. 

 

Requisitos

- Ter iniciada a actividade o 1 de xaneiro de 2022 ou ben iniciala dentro do período subvencionable, e manterse en activo durante o ano da convocatoria.

- Para os efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela na que a persoa solicitante cause alta no IAE ou, no seu caso, no censo de obrigados tributarios.

- Que a persoa teña a súa sede social, fiscal e, polo menos, un centro de traballo, no Concello de Santiago de Compostela.

- Que a súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente.

- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas participadas por algunha Administración Pública.