• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago anuncia unha convocatoria para a cobertura de prazas de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo, sen precedentes

A concelleira de Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, acompañada polo director da Área de Recursos Humanos, Juan Porrúa Pardal, anunciou esta mañá en rolda de prensa a inminente convocatoria de 59 prazas de persoal funcionario de carreira das escalas de Administración xeral (31) e de Administración especial (25), así como tres prazas de persoal laboral fixo. Estas novas prazas así como as do proceso de estabilización e a próxima convocatoria de promoción internas, suman un total de 222 prazas.

ITINERARIOS EMPRENDEVERDE

Formación para:

Definir un modelo de negocio con impacto ambiental e social positivo.

Construír un plan de empresa viable e con amplío impacto.

Obter as últimas ferramentas necesarias para o lanzamento ó mercado dun proxecto viable e con impacto verde.

Hai dúas modalidades de formación:

-Modalidade Participativa (con horarios)

O Pleno municipal aproba por unanimidade do Pacto polo Rural

Na sesión plenaria desta mañá, todos os partidos municipais votaron a favor da aprobación do Pacto polo Rural, que materializa o compromiso conxunto ao respecto das "accións mínimas a levar a cabo no rural de Santiago nun horizonte temporal de 8 anos, superando así os períodos de catro anos das lexislaturas e os tempos electorais, co fin de garantir a estabilidade mínima precisa".

O Consorcio de Santiago executará as obras do Centro Loxístico de Provisión e Distribución de Mercadorías do Casco Histórico por un importe de 4,5 millóns de euros

O Consorcio de Santiago celebrou este venres a súa Comisión Executiva e o seu Consello de Administración. As dúas xuntanzas estiveron presididas polo alcalde da cidade e presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo. Contou tamén cos representantes das tres administracións que conforman a entidade: Administración Xeral do Estado, Xunta de Galicia e Concello.