• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRICOLAS

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2023, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR708A).

Regular o procedemento de concesión das axudas que xestionará a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020 destinadas a:

a) Adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.

b) Posta en marcha de novas actividades empresariais de carácter non agrícola nas aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación destas bases reguladoras.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Os anexos III (memoria do proxecto), IV (orzamento) e V (relación de ofertas solicitadas) debidamente cubertos e xerados a través da aplicación informática.

b) Documentos acreditativos da personalidade e, de ser o caso, da representación do solicitante:

No caso de persoas xurídicas, certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia. De non achegarse o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

c) Documentación acreditativa dos compromisos de emprego.

d) Tres orzamentos ou facturas pro forma, correspondentes a distintos provedores, para cada un dos gastos propostos, nos termos previstos no artigo 11 destas bases reguladoras.

e) No caso de persoas xurídicas, declaración do imposto sobre sociedades (modelo 200), correspondente ao exercicio 2021.

f) No caso dos membros dunha unidade familiar agraria, referidos no artigo 2.1.c) destas bases reguladoras, acreditación do grao de parentesco coa persoa titular.

g) De ser o caso, documentación acreditativa do grao de discapacidade da persoa solicitante, no caso de que fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 16.1.II.c) destas bases reguladoras).

h) De ser o caso, a declaración censual da alta –modelo 036 ou 037– (artigo 16.1.IV.b) destas bases reguladoras).

i) De ser o caso, documentación acreditativa da contratación de persoas con discapacidade (artigo 16.1.V.c) destas bases reguladoras).

j) De ser o caso, as certificacións expedidas por unha entidade de certificación acreditada na ENAC, e/ou acreditación de que dispón da Marca galega de excelencia en igualdade (artigo 16.1.VIII destas bases reguladoras).

k) No caso de proxectos de adquisición de bens de equipamento en empresas xa existentes, licenza de actividade do concello ou, de ser o caso, acreditación da presentación da comunicación previa con toda a documentación requirida nos termos establecidos no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia

l) No caso de proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo: – Acreditación da titularidade ou dispoñibilidade dos terreos ou inmobles onde se van executar as obras. – Proxecto técnico de execución ou, se é o caso, anteproxecto de obra ou memoria valorada, asinados por persoal técnico competente, que permita unha definición exacta do proxecto que se vai executar e do seu custo. Necesariamente deberá incluír un capítulo de «orzamento e medicións», coa desagregración a nivel de capítulos, unidades de obra, medicións e importes. – De ser o caso, certificado dun taxador independente debidamente acreditado ou dun órgano ou organismo público autorizado, que acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado, cando o proxecto comporte a adquisición de inmobles.

m) Calquera outra documentación adicional que a persoa interesada considere conveniente para a correcta avaliación e baremación do proxecto.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

a) Microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais. Para estes efectos, a definición de pequena empresa é a que resulta do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

c) Titulares dunha explotación agraria ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Requisitos

a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2022.

No caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo admitiranse empresas en constitución ou constituídas con posterioridade á data anteriormente sinalada, debendo, en todo caso, estar constituídas con anterioridade á data de xustificación correspondente ao exercicio 2023.

De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.

As empresas deberán ter a súa razón social ou ben un centro de traballo no territorio elixible, nos termos establecidos no artigo 3.2.b) destas bases reguladoras.

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2022.

No caso de proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, admitiranse novas altas no réxime especial de traballadores autónomos con posterioridade á data antes sinalada, debendo, en todo caso, darse de alta no réxime especial de traballadores autónomos con anterioridade á data de xustificación correspondente ao exercicio 2023.

Para estes efectos considerarase zona rural todo o territorio de Galicia, con excepción das parroquias galegas clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). No enderezo da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda, estará dispoñible a relación de zonas densamente poboadas (ZDP).

c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

No caso de persoas físicas, deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2022. No caso de persoas xurídicas, deberán estar constituídas antes da citada data.

No caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, admitiranse novas altas no réxime especial de traballadores autónomos ou ben a constitución de persoas xurídicas, con posterioridade á data antes sinalada, debendo, en todo caso, darse de alta no réxime especial de traballadores autónomos con anterioridade á data de xustificación correspondente ao exercicio 2023.

A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.

Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.