• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Fomento do Cooperativismo de Consumo' Xornada o 22 de setembro de 2022 | Santiago de Compostela

FOMENTO DO COOPERATIVISMO DE CONSUMO é unha actividade de divulgación dos novos modelos de
cooperativismo de consumidoras e usuarias e das experiencias ofrecidas pola Economía Social para o
consumo.
O cooperativismo de consumo segue evolucionando coa sociedade e aportando solucións. Cando un grupo de
consumidoras emprende unha iniciativa para facer fronte a unha necesidade común, aparecen experiencias de
cooperación entre persoas consumidoras e usuarias basadas na filosofía da participación directa e da autoxestión para acceder a produtos e servizos.

O Pleno dá luz verde á segunda exposición pública da modificación do PXOM sobre a regulación de usos

A partir da súa publicación no DOG e durante o prazo de 2 meses, todas as persoas que o desexen poderán formular as alegacións oportunas sobre os cambios propostos tras unha primeira exposición pública sobre o documento aprobado de forma inicial en marzo 2021. Unha vez pechado este prazo e revisadas todas as novas alegacións, elaborarase un documento actualizado no que se integran as modificacións para proceder a continuación á súa aprobación provisional.

O Concello de Santiago rebaixa un 30% os bonos multiviaxe do bus urbano dende o 1 de setembro

O Concello de Santiago súmase á liña de axudas financiadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que permitirá reducir nun 30% o prezo dos bonos multiviaxe do bus urbano dende o 1 de setembro ao 31 de decembro de 2022, ambos incluídos.

A bonificación aplicaríase aos seguintes títulos, os empregados polo 90% das persoas usuarias do transporte urbano:

* Bono ordinario, que pasará de 0,60 euros por viaxe a 0,42 euros.

* Bono escolar, que pasar de 0,40 euros por viaxe a 0,28 euros.

O Concello presenta santiagosostible.gal, un punto de encontro para todas as iniciativas relacionadas co novo servizo de limpeza viaria e recollida de lixo

"Queremos crear unha canle de comunicación directa entre o servizo e a cidadanía, e facer así máis accesibles as tramitacións, axilizando a resposta ás peticións da veciñanza", indicou a concelleira, que fixo fincapé en que "todas as iniciativa relativas ao novo servizo de limpeza se aglutinarán baixo esta marca, Santiago Sostible, que, como o seu nome indica, procura unha cidade máis coidada, limpa e sostible".

Santiago logra o seu máximo histórico de pernoctacións en xullo con máis de 180.000

Os establecementos hoteleiros de Santiago sumaron no pasado mes de xullo o seu máximo histórico de pernoctacións neste mes con 181.156 pernoctacións, cun cremento do 12,73% respecto de xullo do 2019, segundo os datos do INE.

No acumulado do ano, de xaneiro a xullo, Santiago suma xa 789.695 pernoctacións, situándose xa por riba das 786.577 recollidas neste mesmo periodo do 2019, ano no que se conseguíu o record anual de pernoctacións na cidade.

O Concello de Santiago continuará coas actuais medidas de reducción de consumo, ao non adoptarse modificación algunha na reunión con Augas de Galicia

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, indicou que a convocatoria para a reunión chegou o luns, despois de que venres pasado Augas de Galicia decretase a situación de prealerta por seca "na unidade territorial correspondente ao río Tambre". A xuntaza, sinalou, tivo dúas partes. Na primeira, o organismo autonómico explicou como estaba a situación hidrolóxica do Tambre; e na segunda, a vintena de concellos presentes informaron dos problemas que estaban atopando no subministro e na captación, e daban conta das medidas adoptadas.

AXUDAS E PRESTAMOS PARA O FINANCIAMENTO DOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

Constitúe o obxecto das presentes bases reguladoras a concesión de axudas e, se é o caso, de préstamos parcialmente reembolsables, para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

I.2. Proxectos de investimento empresarial no sector de aloxamento.

I.3. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

AXUDAS Á IMPLANTACION DE LOXISTICA AVANZADA E SUSTENTABLE

Posta en marcha de proxectos de loxística avanzada e sustentable cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para o transporte, almacenamento e posta á disposición de produtores e consumidores de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, para acadar reducións de custos ou prazos de entrega, reducir o impacto ambiental ou mellorar a calidade da entrega e posta á disposición.

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTONOMAS

Establécense dous tipos de apoio ás persoas traballadoras autónomas:

1ª. Para as que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma. A súa finalidade é facilitarlle a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero que ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou en diferente sector.

Uninova xestionou máis de 100 intercambios de emprendedores ao abeiro do Programa da UE "ERASMUS for Young Entrepreneurs" entre os anos 2017 e 2022

Entre o ano 2017 e a actualidade, Uninova xestinou a realización de 105 intercambios entre emprendedores e empresas, dos cales 66 foron novos emprendedores españois que viaxaron a outros países para a realización de estadías formativas en empresas e 39 foron emprendedores europeos acollidos en pemes españolas.