SUBVENCIONS AS ACTIVIDADES DE DISTRIBUCION PARA INDUSTRIAS CULTURAIS
Axencia Galega das Industrias Culturais
RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT402C).
Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións que regularán a concesión de subvencións para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas vinculadas ás artes escénicas e/ou musicais, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT402C).
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
a) Documentación xeral.
1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.2. Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación. 1.3. Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e importe de subvención que se lle aplicará a cada un.
1.4. Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromiso de non disolución durante o tempo de duración da actividade subvencionada.
1.5. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda. 1.6. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
b) Documentación específica.
2.1. Modalidades A.1, A.2, B.1 e B.2 (subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia e subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas e espectáculos musicais en feiras e festivais fóra de Galicia): 2.1.1. Ficha de distribución (anexo III). 2.1.2. Contrato de actuación ou oferta/convite con contido económico.
2.2. Modalidades A.3 e B.3 (subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas e musicais fóra de Galicia). 2.2.1. Ficha de distribución (anexo III). 2.2.2. Documento de inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado. 2.2.3. Se é o caso, contrato ou declaración asinada polo solicitante da relación dos asistentes coa entidade.
2.3. Modalidade A.4 (subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma). 2.3.1. Ficha de contratación (anexo IV). 2.3.2. Contrato de actuación.
Poden obter a condición de beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén poden ser beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto da subvención, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán ser beneficiarias desta convocatoria de subvencións:
a) As asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
b) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A. Artes escénicas.
-Subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo escénico.
-Subvencións para a representación de espectáculos en feiras e festivais fóra de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade as empresas que presenten un proxecto de exhibición de espectáculos en feiras ou festivais do sector das artes escénicas que se celebren fóra de Galicia.
-Subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas fóra de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade as empresas que presenten un proxecto consistente na asistencia das empresas solicitantes ás feiras e mercados que se celebren fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para dar visibilidade aos proxectos aos cales representan. Non se subvencionarán máis de dúas persoas por entidade solicitante e evento.
-Subvencións para a distribución interior de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma. Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia, en espazos escénicos de titularidade pública, que non formen parte da Rede galega de teatros e auditorios, consistente dun mínimo de cinco representacións, en ningún caso máis de catro representacións no mesmo espazo.
B. Música.
-Subvencións para a distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres concertos e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.
-Subvencións para as representacións musicais en feiras e festivais fóra de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade as empresas que presenten un proxecto de exhibición de concertos en feiras ou festivais do sector da música que se celebren fóra de Galicia.
-Subvencións para a asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade as empresas que presenten un proxecto consistente na asistencia das empresas solicitantes ás feiras e mercados que se celebren fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para dar visibilidade aos proxectos aos cales representan. Non se subvencionarán máis de dúas persoas por entidade solicitante e evento.