AXUDAS AO INVESTIMENTO
Deputación de A Coruña
Mediante Resolución de Presidencia nº 2023 / 2750, do 24 de xaneiro de 2023, aprobáronse as bases reguladoras das Axudas destinadas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-Emprende Investimento 2023)
A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas en calquera das modalidades xurídicas existentes.
.Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal Tributaria actualizado.
· No caso de PERSOAS FÍSICAS, Certificado de Vida laboral do/a autónomo/a ou certificado da mutualidade correspondente onde conste a data de alta no RETA, ou alta na mutualidade .
· No caso de MUTUALISTAS, ademáis do Certificado da Mutualidade, deberán achegar tamén Certificado de Vida laboral.
· No caso de PERSOAS XURÍDICAS, Escritura de Constitución da entidade e as súas modificacións ou variacións posteriores (se as houbese), ou calquera outro documento análogo no que figuren os estatutos, estipulacións ou contratos privados, así como a inscrición no rexistro público correspondente (no caso de estar obrigados) a efectos de determinar a antigüidade da empresa, a excepción das sociedades civís nas que se determinará atendendo á data que conste no documento de constitución das mesmas.
· Memoria resumo dos investimentos a realizar (Modelo dispoñible en SUBTeL)
· Autorización de representación para a presentación da solicitude no caso de non coincidir coa persoa solicitante (para as persoas físicas) ou co representante legal da entidade (para as persoas xurídicas). (Modelo dispoñible en SUBTeL)
· Declaración de mínimis (Modelo dispoñible en SUBTeL
Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, aqueles gastos que resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento da/s actividade/s subvencionada/s dada/s de alta no Certificado de situación censual e que se atopen dentro dos seguintes códigos de concepto de gasto:
206 Aplicacións informáticas Nesta conta considerarase exclusivamente o importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos adquiridos a terceiros.
213 Maquinaria Conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os cales se realiza a extracción, elaboración dos produtos ou prestación de servizos. Nesta conta figurarán todos aqueles elementos de transporte interno que se destinen ao traslado de persoal, animais, materiais e mercadorías dentro de factorías, talleres, etc. sen saír ao exterior.
216 Mobiliario Mobiliario, material e equipos de oficina, coa excepción dos que deban figurar na conta 217.
217 Equipos para procesos de información Computadores e demais conxuntos electrónicos
Importe mínimo do orzamento de gastos
Mínimo: 3.500,00 € Sen IVE Máximo: 25.000,00 € Sen IVE
Importe da subvención a conceder Mínimo: 2.450,00 € Máximo: 17.500,00 €
Importe máximo a solicitar Ata o 70% do orzamento de gastos subvencionables
Coeficiente de financiamento Como máximo do 0,70
Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro con anterioridade á data de publicación da convocatorio da axuda.
· Ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña
· Ter unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que solicita a axuda segundo a información recollida no certificado de situación censual da entidade.
· No caso de persoas autónomas, estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, e non ter unha antigüidade superior aos 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria.
· No caso de persoas xurídicas, a data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición no Rexistro público correspondente non pode ter unha antigüidade superior aos 5 anos, anteriores á data de publicación da convocatoria destas axudas