• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Raíña Letizia preside o acto oficial polo Día Mundial das Enfermedades Raras que se celebra por primeira vez en Santiago

O evento conforma o broche de ouro da campaña ‘Haz que el tiempo vaya a nuestro favor’ da Federación Española de Enfermedades Raras (FEDER) e contou coa presenza de Dona Letizia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, así como representantes institucionais a nivel estatal como Carolina Darias, ministra de Sanidade, e a nivel autonómico como Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia.

O Concello impulsa o proceso de escoita cidadá na elaboración do PMUS coa celebración do I Foro de Mobilidade

O Concello de Santiago abre o proceso de consulta pública para a revisión do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) cun primeiro encontro participativo. Co horizonte de contar con ese documento de análise que recolla as necesidades de mobilidade de toda a cidadanía a finais deste mesmo ano, o alcalde destacou a importancia de contar con esta información para definir o "futuro da mobilidade da nosa cidade".

A Axenda Urbana de Santiago reúne aos seis Grupos de Impulso e Seguimento, GIS

Santiago conta no seu haber cunha ampla experiencia en planificación a través dunha formulación de intervención integradora dende unha perspectiva económica, social e ambiental. Dentro do proxecto piloto de elaboración da súa Axenda Urbana, que encabeza xunto con outras 127 cidades seleccionadas polo Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, avanza cara ao impulso e seguimento dos proxectos establecidos.

O alcalde de Santiago recibe a nova presidenta da Cámara de Comercio, María Pais

Nesta primeira toma de contacto entre a recén nomeada María Pais e o rexedor, fíxose un repaso por algúns dos temas prioritarios para reforzar o tecido empresarial da cidade. Durante o encontro, o alcalde reiterou o seu compromiso para acadar unha simplificación administrativa na xestión de licenzas e outros trámites e para seguir avanzando na mellora de infraestruturas estratéxicas como o Orbitaliño ou a Estación Intermodal e dos servizos públicos como a xestión da auga ou o transporte público.

O alcalde reúnese cos propietarios das parcelas nas que se ubicará a plataforma de mercadorías, para explicarlle o proceso de expropiación e pago dos terreos

Na reunión explicáronlle aos veciños e veciñas que, unha vez que reciban a notificación, teñen un mes para presentar un escrito de alegacións. Nese escrito de alegacións teñen que manifestar o que consideren con relación ao prezo que se lle ofrece polas parcelas; o número de metros cadrados das súas fincas; e se como consecuencia da expropiación queda algún pequeno resto da parcela que podería ser antieconómico, solicitar a expropiación total, é dicir, de toda a finca.