• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso "Selección e Liderado"

Con este módulo formativo pretendemos que os asistentes se familiaricen coas técnicas de selección de persoal, dende a entrevista "face to face" aos procedos "assesment center". A imaxe persoal, os filtros interrogativos, as dinámigas grupais... Todo un universo de linguaxes e estratexias que é preciso coñecer para acceder, progresar e manterse no mercado laboral con garantías. 

Exemplo formativo

O símil pedagóxico de base no que nos centraremos para o desenvolvemento expositivo é o guión da película "Os Inmortais". 

Curso de Comercialización: "Técnicas de seducción comercial para vendedores"

Con este módulo formativo pretendemos rehabilitar a nobre arte da venda, póndoo a disposición de todos os asistentes dende unha perspectiva que lles permita comprender a importancia da súa actuación, a necesidade do seu traballo, e a valentía que se require para a súa execución. Os comerciais son os heroes da empresa e así o debemos saber.

Exemplo formativo

Curso

Con este módulo formativo pretendemos adestrar as túas neuronas co fin de que sexan capaces de xerar ideas consistentes que gocen da frescura, a orixinalidade e o resplandor necesario para cambiar a contorna corporativa e a sociedade na que este se integra.