• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SANTIAGO(é)TAPAS 2011

Nesta cuarta edición, o concurso cambia de datas pola petición da Asociación Hostelería Compostela, coorganizadora do evento xunto con Turismo de Santiago. Nas tres primeiras edicións celebrouse na segunda quincena de xuño e os primeiros días de xullo. Pero nesta ocasión adiántase á segunda quincena do mes de maio, concretamente entre o 13 e o 29 de maio, co obxecto de dinamizar ao sector nese mes.

Edición de primavera. VIII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2011

Na edición de primavera premiaranse tres comercios, que recibirán campañas publicitarias por valores superiores aos 2.800 euros para o primeiro clasificado, aos 2.100 euros para o segundo, e aos 1.200 para o terceiro. As campañas de comunicación outorgadas aos premiados combinan diferentes formatos en función do premio obtido: publicidade audiovisual, valos publicitarios, prensa escrita e radio.