Foro de Investimento Galicia
O Foro de Investimento Galicia, organizado polo IGAPE e BIC Galicia, é un espazo de encontro entre investidores privados, redes de business angels e persoas emprendedoras con proxectos empresariais de alto potencial de crecemento desenvolvidos dende ou para Galicia.
No Foro de Investimento Galicia as persoas emprendedoras seleccionadas terán a oportunidade de presentar os seus proxectos ante investidores privados e asistirán á Venture Academy para axudarlles a preparar unha presentación eficaz. Se es unha persoa emprendedora e queres participar no Foro envía o teu proxecto antes do 15 de marzo de 2011.
Se queres coñecer os proxectos seleccionados e os finalistas, saber máis das redes de investidores, contactar con outros emprendedores e escoitar a relatores relevantes, non deixes de asistir á Xornada de presentación de proxectos o 13 de abril de 2011.
O Foro de Investimento Galicia desenvólvese no marco do programa europeo AT Venture que persegue a promoción e desenvolvemento de empresas innovadoras, así como a súa difusión e mellora do acceso aos instrumentos de financiamento destas start-ups, especialmente sociedades e redes de investimento privado.
Para presentar o proxecto empresarial, emprega o espazo habilitado ao efecto na web www.foroinversiongalicia.com
- Persoas emprendedoras
- Entidades, empresas e particulares con desexo de realizar investimentos en novos proxectos en Galicia
- Redes de Business Angels
Foro de Investimento Galicia selecciona proxectos empresariais con alto potencial de crecemento que cumpran os seguintes requisitos:
- Localización: Galicia
- Fase de desenvolvemento: Fases iniciais (semente e arranque)
- Sectores: Todos
Os proxectos que cumpran os requisitos anteriores serán avaliados por un panel de expertos que seleccionarán os mellores proxectos (proxectos seleccionados) en base a criterios de viabilidade económica e de retorno do investimento. Entre estes seleccionarase un grupo reducido para a súa presentación no foro (proxectos finalistas).
Os proxectos finalistas serán presentados ante investidores e redes de business angels no Foro de Investimento Galicia. Os emprendedores destes proxectos asistirán de forma gratuíta á Venture Academy que inclúe o “Taller de Presentación de Proxectos a Investidores”. Este taller ten por obxectivo dotar aos emprendedores coas ferramentas necesarias para presentar os seus proxectos de forma eficaz ante investidores.